Mesa redonda sobre enerxía eólica este sábado 25 en Vigo

Os compañeiros e compañeiras da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro organizan para este sábado 25 unha interesantísima mesa redonda sobre a enerxía eólica. O acto que comezará ás 17hs no Auditorio Municipal do Areal contará con distintas intervencións de expertos na materia que reproducimos a seguir.

  1. Charla: EMILIO MENÉNDEZ. Universidade Autónoma e Politéxnica de Madrid. – ENERXÍA EÖLICA EAVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL.
  2. Charla: DAMIÁN COPENA. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo - A ECONOMÍA DA ENERXÍA EÓLICA E SOBRE A GUÍA PARA PROPIETARIOS DE TERREOS AFECTADOS POR PARQUES EÓLICOS.
  3. Charla: XOSÉ VEIRAS. Verdegaia - A IMPLANTACIÓN DA ENERXÍA EÓLICA EN GALICIA.
  4. Charla: MARIANO TOMÁS. Avtivista do movemento “Contra parques eólicos de Valencia” – A LOITA VALENCIANA CONTRA PROXECTOS DE ENERXÍA EÓLICA.
  5. Charla: IVÁN NOVOA. Técnico instalador de enerxías renovables –EÓLICOS DE PEQUENA POTENCIA E  USOS COMPLEMENTARIOS DOS RECURSOS ENERXÉTICOS.
  6. Charla: PAULA VIDAL. Amigos da Terra - A EXPERIENCIA DO CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “AS CORCERIZAS”.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Reportaxe sobre o parque eólico do Morrazo no que falan dous membros da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

A plataforma participa nunha reportaxe para a televisión

Vía Televisión, unha canle de TDT,  está a realizar estes días unha reportaxe sobre o parque eólico que Enel Green Power pretende instalar nos Montes do Morrazo. Esta reportaxe pretende dar a coñecer o proxecto do parque eólico e os posicionamentos a respecto do mesmo dos distintos concellos e entidades.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo que tamén foi convidada a participar nesta reportaxe, subiu esta mañá, 14 de febreiro, ao monte para explicar in situ os motivos polos que nos opoñemos á instalación do parque eólico. Dous membros da plataforma ademais de explicar os grandes efectos sobre o medio que vai ter este parque eólico reclamaron a inclusión deste espazo natural na Rede Natura e denunciaron a política da Xunta que pon á venda todo o territorio galego para que as grandes empresas, independentemente da protección legal, sigan tirándo beneficios a costa do medio ambiente.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Asamblea da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo en Moaña este mércores 15

Despois do exitoso roteiro do pasado día 5, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo convoca unha nova asamblea.

asamblea terá lugar este mércores 15 de febreiro a partir das 20hs na casa da xuventude de Moaña. Nesta asamblea, á que convidamos a toda a veciñanza, abordaranse as distintas ameazas que se cernen sobre os Montes do Morrazo (parque eólico, polígonos industriais) e planificaranse as accións e actividades a desenvolver na defensa deste espazo nos vindeiros meses.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Parques eólicos e as aves

A produción de enerxía, incluída a procedente de fontes renovábeis, non está exenta de certas consecuencias potencialmente perigosas para a conservación da natureza, polo que existe a necesidade de equilibrar os riscos e os beneficios e minimizar calquera efecto medioambiental adverso. As colisións, as molestias que ocasionan os aeroxeneradores, as barreiras que impiden a mobilidade e a destrución do hábitat son os principais efectos negativos dos parques eólicos sobre as aves.

Numerosos estudos indican que os principais efectos negativos dos parques eólicos sobre as aves son as colisións coas aspas en movemento, coa torre ou coas infraestruturas asociadas, como as liñas eléctricas de evacuación, son causas de mortalidade directa. Pola súa parte os rotores poden causar lesións debidas ás turbulencias que producen. Por outra banda, os aeroxeneradores supoñen unhas molestuas que comportan que as aves os eviten e incluso poden provocar que eludan utilizar toda a zona ocupada polo parque eólico.

Se as aves son desprazadas dos seus hábitats preferentes por esta causa e son incapaces de atopar lugares alternativos, pode diminuir o seu éxito reprodutor e a súa supervivencia. Ademais, os parques eólico supoñen unha barreira para a mobilidade das aves, xa que fragmentan a conexión entre as áreas de alimentación, invernada, cría e muda. Os rodeos necesarios para esquivar os parques eólicos provocan un maior gasto enerxético que pode chegar a mermar o seu estado físico.

Este tipo de efecto pode darse tanto no caso dun parque eólico liñal como polo efecto acumulativo de varios parques. Por último, a instalación de aeroxeneradores e infraestruturas asociadas, como por exemplo as liñas eléctricas de evacuación e os camiños de acceso, comporta transformación ou perda de hábitar. Os parques eólicos deben estar fóra de espazos protexidos, aplicando o principio de precaución.

Tradución de parte dun artigo de SEO/birdlife que se pode ver na súa integridade aquí

Pódese ver tamén unha nova relacionada aquí

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

O roteiro polos Montes do Morrazo nos medios de comunicación

Distintos medios de comunicación informan sobre o roteiro que tivo lugar este domingo, 5 de febreiro, polos Montes do Morrazo en contra do parque eólico que a empresa Enel Green Power pretende instalar no Morrazo co permiso da Xunta de Galicia.

Da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos agradecer, unha vez máis, o esforzo realizado por toda a xente que participou no roteiro a pesares das condicións climatolóxicas. Agardamos poder contar de novo coa vosa presenza e a de máis xente na seguinte convocatoria na primavera.

Deixamos aquí un listado de enlaces á nova en distintos xornais dixitais, de seguro que son algúns máis os que dan conta do roteiro na súa edición en papel.

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2012/02/06/cruzada-viento/621160.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/02/06/lluvia-afea-marcha-contra-futuro-parque-eolico-domaio/0003_201202V6C3991.htm

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/02/05/galicia/1328467771_882223.html

http://diarioliberdade.org/index.php?option=com_content&view=article&id=24079%3Amarcha-contra-o-parque-eolico-de-pedras-negras-reuniu-centenas-no-morraco&catid=18%3Aconsumo-e-meio-natural&Itemid=48

http://www.europapress.es/galicia/noticia-200-personas-participan-ruta-protesta-contra-parqueeolico-previsto-montes-morrazo-20120205184805.html

Ademais dos medios distintos blogues dan conta tamén do éxito do roteiro, deixamos aquí tamén un pequeno listado:

http://montepituco.wordpress.com/2012/02/05/exito-do-roteiro-polos-montes-do-morrazo/

http://serradogalinheiro.wordpress.com/2012/02/05/cronica-do-roteiro-polos-montes-do-morrazo/

http://colectivonacionalista.wordpress.com/2012/02/05/mais-de-250-persoas-participan-no-roteiro-en-contra-do-parque-eolico/

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Crónica do roteiro polos Montes do Morrazo

Máis de 250 persoas desafiaron o intenso frío e a ameaza de chuva participando no roteiro organizado este domingo, 5 de febreiro, pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para amosar o noso rexeitamento ao proxecto de instalación de parque eólico no Morrazo.
O roteiro comezou pasadas as 11 da mañá desde a área recreativa de Chan de Arquiña, onde un dos membros da plataforma, antes de sair, explicou que a empresa Enel Green Power pretede instalar un parque eólico nos Montes do Morrazo, espazo protexido polas normas subisidiarias provinciais.
Durante o traxecto, en distintas paradas, explicáronse as distintas afeccións que conlevará a instalación do parque eólico no medio, movemento de terras pola apertura e ampliación de pistas até un total de 17km, 15 km de gabias para soterrar o cableado, a instalación dunha subestación eléctrica… (pódense consultar outras afeccións neste artigo e nos nosos comentarios presentados ante a Xunta aquí)
Ao roteiro tamén asistiron membros do clube de parapente do Morrazo, o máis numeroso de Galicia, cuxa actividade, como tamén se explicou durante o percorrido, se vería enormemente afectada coa instalación dos muíños imposibilitando o seu despegue e voo nos Montes do Morrazo.
O intenso neboeiro e a posterior aparición da chuva fixeron que o percorrido proxectado para o roteiro se tivera que acortar, imposibitando tamén que @s numeros@s participantes puidesen gozar dunhas marabillosas vistas sobre as rías de Pontevedra e Vigo.
A numerosa asistencia a pesares das condicións climatolóxicas dan conta do firme compromiso da veciñanza da comarca coa protección do noso medio e en contra deste parque eólico. Somos sabedores tamén que de ter habido mellor tempo o número de participantes sería moito maior, por iso, queremos comunicar que cando chegue a primavera se volverá a organizar outro roteiro acompañado de múltiplas actividades.

Pódense ver algunhas fotos do roteiro premedo aquí

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

O roteiro polos Montes do Morrazo é de balde e non precisa inscrición previa

Dado que numerosas persoas se puxeron en contacto, a traves do correo, coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para preguntar se había que facer algún tipo de inscrición previa ou se había que pagar algo para poder participar no roteiro. Temos que aclarar que esta actividade non ten ningún custe, nin precisa de inscrición algunha, sendo aberta a todas aquelas persoas que queiran participar.

O roteiro que sairá ás 10:30 da mañá do domingo 5 de febreiro desde Chan de Arquiña está organizado pola plataforma para dar a coñecer e concienciar aos/ás participantes da enorme riqueza natural, patrimonial e paixasística que se pode ver afectada pola instalación do parque eólico. 

Entre as numerosas afeccións que causaría a instalación deste parque podemos destacar as seguintes:

  1. Afectaría con movementos de terras para a apertura de pistas de acceso e gabias, mais coa instalación dos aeroxeneradores e a subestación eléctrica ás áreas naturais de monte Formigoso, Chan de Arquiña, Chan de Gagán, Chan de Xestoso, Serra Domego, Chan da Carqueixa, Chan de Pedras Negras, Os Candóns, Chan de Goa, Serra Basil e Outeiro da Charamiza, entre os 450 m. e os 600 m. de altitude situados na zona máis alta da península do Morrazo e preto dos altos de Monte Faro de Domaio e Coto do Home, as principais cimeiras con máis de 600 m. de altitude, integrado plenamente no espazo natural dos Montes do Morrazo, protexido como solo rústico de protección de espazos naturais polas normas subsidiarias de planeamento da provincia de Pontevedra.

  2. Ás amplas vistas panorámicas cara ás Rías Baixas entre a ría de Vigo e a de Pontevedra e moi preto da enseada de San Simón, espazo natural integrado dentro da Rede Natura. O impacto sumaríase a outros proxectos de parques eólicos nas serras da Groba e do Galiñeiro, en fronte da ría de Vigo e no monte Castrove, da de Pontevedra, incluídos así mesmo no citado plan eólico galego.

  3. A unha zona de importancia xeolóxica conformando unha paisaxe exclusiva de sucesión de relevos graníticos en altura con abundancia de rochas de distintas morfoloxías moldeadas polos axentes naturais dende tempos moi remotos.

  4. Aos nacementos dos ríos Loira, da Fraga, Miñouba e Riomaior, estes dous últimos coa súa desembocadura na Enseada de San Simón. Tamén a charcas estacionais, pasteiros húmidos e brañas.

  5. A monte mancomunado das parroquias de Santomé de Piñeiro (Marín), San Adrián de Cobres (Vilaboa) e Domaio (Moaña), con novas repoboacións forestais principalmente de Pinus pinaster e Pinus radiata, en substitución de anteriores plantacións de eucalipto, e onde a apertura de pistas e gabias, a construción de cada un dos aeroxeneradores máis a da subestación eléctrica implicaría a tala de arborado existente e a imposiblidade futura de repoboación nas zonas afectadas.

  6. A un rico monte baixo de matogueira, debido á abundancia e diversidade de especies de breixos, complementado con carpazas, xestas e toxeira, propios de ambientes nitrófilos, turbosos, e verdadeiros rexeneradores de solos pobres a nivel granítico, ou empobrecidos pola acción dos lumes.

  7. A especies arbóreas e de flora autóctona, mesmo endémica do noroeste ibérico.

  8. A unha gran variedade de fauna pola existencia de varios ecosistemas (acuáticos, monte aberto, bosques,…) e principalmente a aves e morcegos, onde os aeroxeneradores provocan unha grande mortandade entre as súas pás en movemento.

  9. Á área de protección de varios xacementos arqueolóxicos, principalmente mámoas megalíticas existentes entre as zonas de Chan de Armada e a propia de Chan de Arquiña, máis a área de protección dun petróglifo da Idade do Bronce, o de Outeiro do Gorgullo no monte Formigoso. Non se desbota que a parte destes xacementos catalogados e outros etnográficos existentes puideran ser afectados outros sen descubrir dada a abundancia existente por todo o espazo natural protexido.

  10. A usos sociais e deportivos, como a propia área de lecer de Chan de Arquiña, a zona de despegue de parapente no monte Gagán que imposibilitaría a súa prática aérea; o roteiro sinalizado existente de bicicletas de montaña. E aos núcleos rurais de poboación de San Lourenzo (Domaio) e Sobreira (Vilaboa) pola súa proximidade, que se vería afectados ademais de polo impacto das obras polo impacto acústico producido polas pás dos aeroxeneradores en movemento.

  11. Ás telecomunicacións por interferencias con respeto dos dous complexos de antenas existentes nos altos do Monte Faro de Domaio e de Coto do Home. E así mesmo, suporía unha suma de radiacións electromagnéticas pola subestación eléctrica proxectada.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Enel Green Power non renuncia ao parque eólico do Morrazo

A edición do Morrazo do Faro de Vigo dá conta da intención da empresa Enel Green Power de seguir adiante coa instalación do parque eólico no Morrazo. Parece, segundo informa o propio Faro de Vigo, que este parque non se vería afectado polo Real Decreto aprobado polo goberno do estado o pasado venres.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo facemos un chamamento a toda a cidadanía a participar este vindeiro domingo, 5 de febreiro, no roteiro organizado pola plataforma e amosar así o noso rexeitamento a este novo atropelo nun espazo protexido.

A seguir deixamos a nova publicada neste diario.

Los rumores acerca de que el proyecto del parque eólico de Pedras Negras, cuya construcción afectará a montes de la parroquia moañesa de Domaio así como de los concellos de Marín y Vilaboa, se estaba tramitando con mayor lentitud por parte de la empresa promotora quedan totalmente despejados. Y es que según ha podido saber FARO, la multinacional de origen italiano Enel Green Power no tiene intención de renunciar a construir y gestionar la infraestructura y presentará ante la Xunta toda la documentación precisa en forma y plazo.
Los comuneros de Domaio, que se reunieron con vecinos de la parroquia para expresar su rechazo a la instalación de un parque que contempla 14 aerogeneradores de 170 metros de altura y 112 de diámetro en los picos más altos de O Morrazo, especulaban con que la crisis hiciese que Enel Green se repensase esta inversión. Por su parte, desde la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras también manifestaban hace una semana que todavía no habían recibido el necesario estudio de impacto ambiental. A partir de entonces los vecinos, administraciones y colectivos implicados podrían presentar las correspondientes alegaciones. Enel Green se encuentra redactando este estudio.+

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

O goberno do estado suprime as primas ás empresas eólicas

Deixamos aquí un interesante artigo onde se dá conta do decreto aprobado o pasado venres polo goberno do estado deixando sen primas as empresas eólicas. O artigo está tirado do recén estreado xornal dixital praza pública.

O decreto do Goberno aprobado o pasado venres, que suprime sine die as primas para as novas instalacións de enerxía renovable, é“a fin” do concurso eólico da Xunta de Galicia. Dura sentenza e “realidade inapelable” que “debe asumir” o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Isto é o que pensan fontes do sector consultadas por Praza que, en calquera caso, non se amosaron sorprendidas pola decisión do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. “É algo que xa se lle pedira a Miguel Sebastián”, indican. “E xa está feito”. A escenificación dun plan eólico que pretendía canalizar unha inversión de máis de 3.500 millóns de euros queda sen data de estrea. O pano da cuarta parede, de confirmarse as estimacións empresariais, non vai volver a abrirse.

A reforma lexislativa é o primeiro Real Decreto Lei de 2012. A norma cancela calquera viabilidade dos novos parques eólicos nun escenario de nulo financiamento bancario. “As grandes eléctricas xa sabían que isto ía pasar”, opina José Antonio Diéguez, responsable da asociación Ventonoso. Diéguez apunta tamén a outras “pistas” como o feito de que fondos de capital risco xaponeses e norteamericanos se teñan retirado de inversións vinculadas ao sector eólico durante todo o ano pasado. De feito o ministro alemán de Economía, o liberal Philipp Rösler, apostou o pasado día 18 que calquera incentivo ás renovables tiñan que ser retiradas. Con todo, “as grandes eléctricas non van ter problema”, condena Diéguez.+

Outros xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia tamén dan cumprida conta da mesma nova.

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized