As consecuencias do parque eólico

A Xunta de Galiza autorizou á instalación dun parque eólico de 42 MW no Morrazo, afectando aos concellos de Vilaboa, Moaña e Marín, na zona de Pedras Negras. A concesión é a unha multinacional italiana, Enel Green Power España.A pesar de que a enerxía que produce o vento é un ben en si; outra realidade é a do impacto dos parques eólicos:

  • Galiza produce máis electricidade da que consume, polo que gran parte é exportada ao estado español ou Portugal.

  • A instalación de parques eólicos non vai supoñer unha redución nos recibos da luz que pagamos todos os meses, pola contra sube cada vez máis.Galiza é a comunidade autónoma con maior potencia eólica instalada do estado español. Os actuais parques eólicos xa supuxeron a afección do 39% de espazos naturais protexidos e cos novos proxectos aumentaría a incidencia nestas zonas.

  • A substitución dos aeroxeneradores existentes nos parques eólicos actuais por outros máis avanzados permitiría aumentar a potencia sen necesidade de construíroutros parques novos.

  • O parque eólico proxectado en Pedras Negras pretende instalarse nunhas zonas de alto interese paisaxístico, xeolóxico, natural e arqueolóxico, entre os altos do monte Faro e Coto do Home, serra de Domego e monte Formigoso, incluídas no espazo natural protexido dos Montes do Morrazo. Os arredor de 25 muíños, de mais de 100 metros de altura e 50 de pas, serían visíbeis a grandes distancias.

  • A mentira dos postos de traballo: só se crean durante a instalacións dos muíños, despois a man de obra é mínima e o control dos parques faise, na maioría das veces, informaticamente desde fora de Galiza.

  • A instalación dos parques eólicos ten un impacto sobre a fauna e sobre o territorio: movementos de terras, pistas, tendidos eléctricos, subestacións… E, ademais, na zona delimitada polo parque non hai posibilidade de aproveitamento forestal, afectando neste caso a áreas de monte mancomunado das parroquias de Domaio, San Adrián de Cobres e Santomé de Piñeiro.

  • O parque eólico de Pedras Negras estaría perto das áreas de lecer e mámoas de Chan de Arquiña e de Chan de Armada, supoñendo un severo impacto social, cultural e medioambiental para esas zonas. Asi mesmo obstacularizaría a práctica de deportes como a bici de montaña, con roteiros sinalizados existentes, e o parapente, que a presenza dos muíños impediría o voo. No Morrazo existe a maior asociación de parapente de Galiza, actividade que atrae a moit@s aficionad@s.

  • Estaría entre varias antenas repetidoras de telecomunicacións, supoñendo unha suma das radiacións electromagnéticas xa existentes.

  • Este proxecto viría sumarse a outros tres de parques industriais dentro e nos arredores do mesmo espazo natural, no monte Pornedo, na Cruzda Maceira e na Pastoriza, con arredor de 2 millóns de metros cadrados de solo rústico protexido afectado.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s