Deportistas contra as eólicas na Serra Galiñeiro

Publicado en Galiciaconfidencial.com

Centos de escaladores de toda a Península participan este sábado nunha xornada lúdica en defensa deste espazo singular en perigo por un novo parque eólico

Tras a masiva manifestación hai unhas semans, este sábado 7 de maio, centos de persoas acudirán á Serra do Galiñeiro para volver a protestar contra a instalacións de muíños de vento nesta zona protexida. Clubs de escalada de toda Galicia, resto do Estado e Portugal, convocados pola Federación Galega de Escalada, celebran este ano na Serra do Galiñeiro o seu encontro anual.

Os deportistas trasladaron o lugar habitual da concentración no Faro de Budiño, tamén na Serra do Galiñeiro, á zona onde a Xunta pretende autorizar os muíños, para así demandar a protección dos espectaculares penedos..

Espérase, que ao igual que nos anteriores 10 anos que levan facendo estas xuntanzas,  máis de 300 escaladores profesionais competirán nas modalidades de bloques e de vías dende as 9.30 da mañán ata as 8 da tarde.  Dende as 11 da mañán ás 6 da tarde, os clubs  Azimut, Faiscas, Montañeiros Celtas, Alud e Peña Trevinca farán de balde, sesións de iniciación á escalada para o público en xeral. Só hai que ter ganas de probar e levar roupa axeitada.

Dende a organización aseguran que “con este iniciativa pomos de manifesto que os deportistas da montaña  defenden a Serra do Galiñeiro, que para algún deles é o lugar do seu nacemento deportivo. Ante as agresións que  ameazan o noso monte, estes deportistas demostran a súa intención de preservar este esgrevio  lugar para uso, disfrute e beneficio de todos, en oposición aos intereses especulativos que sobrevoan a serra”.

Os ecoloxistas din que a iniciativa levada a cabo no ano 2008 de facer que o Galiñeiro ampliase o espazo natural protexido que representa o Monte Aloia, ten cada día máis argumentos. “Os 500.000 veciños que vivimos baixo o ollar desta Serra temos moito que perder con proxectos como o de Terra do Vento S.L.e o seu polígono eólico, e con outras actividades que supoñen diñeiro para moi poucos e destrución do territorio para moitos e para sempre. En contraposición hai iniciativas de explotación sustentable do monte que están a desenvolver comunidades de montes de distintas parroquías desta serra e que non se están a respectar na súa debida dimensión”, argumenta o colectivo.

Paralelamente, e para as persoas que non se atrevan coa escalada, a organización prevé un roteiro naturalístico percorrendo a crista do Galiñeiro.dende as 5 da tarde ata as 7.30, partindo do parque forestal de Vincios (Gondomar).

Ademais, pola mañá desenvolvese na parte baixa da Serra do Galiñeiro, ao igual que nos últimos  anos, unha carreira de orientación organizada pola Universidade de Vigo que sae dos arredores do centro cultural de Vincios e que fará a entrega dos premios ao gañadores no auditorio deste centro.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s