A plataforma maniféstase con Galiza non se vende

Este domingo 8 de maio membros da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo fomos a Compostela a participar na manifestación convocada pola rede Galiza non se vende baixo o lema “contra o saqueo socioambiental da nosa terra”. Xunto con centos de persoas vidos de toda Galiza reclamamos unha terra viva e digna para tod@s.

Deixamos aquí o manifesto lido por distintas persoas na praza da Quintana:

Galiza, está a sufrir un saqueo social e ambiental a todos os niveis, mantido por un modelo económico e social inviabel, que destrúe os ecosistemas, acaba coa biodiversidade e produce miseria e condicións sociolaborais de esclavitude, para as personas Saquean os recursos naturais para o beneficio privado duns poucos cobizosos, sen ter en conta a destrución do medio ambiente e o que vai quedar para as xeracións futuras. Depredan os nosos montes, pretendendo privatizalos. Devorándoos con canteiras e louseiras que deixan toneladas de entullos. Fomentando a, eucaliptización, as concentracións parcelarias, o abandono da silvicultura, e a desaparición do gando ceibe e o pastoreo, que propician os incendios e a desertización. Permitindo que se infesten de parques eólicos e industriais. Espolian a nosa identidade, Estragando xacementos arqueolóxicos e edificacións de alto valor etnográfico. Atacando a nosa lingua e a nosa cultura, impoñendonos un modelo alleo, miserabel e individualista que provoca a pérda tráxica e irreparabel dos nosos legados culturais. Usurpan as nosas arelas de xustiza, con fiscais e xuices que non defenden os bens comúns senón que favorecen aos ricos e poderosos, criminalizando e reprimindo os movementos sociais con multas, paos e ata o cárcere. Desmantelan o pouco transporte público e colectivo que temos, construindo irracionais infraestruturas para o transporte privado, como as autovías ou o elitista AVE. Saquean a nosa saúde, intentando privatizar a sanidade. Impoñendonos o negocio das farmaceuticas. Fomentando o cultivo de transxénicos e a utilización de agro-tóxicos. Contaminando o medio coa incineración e aterramento de residuos, centrais térmicas e industrias sucias. Contaminando acuíferos, ríos e rías por falta de depuración. E instalando industrias perigosas que arriscan a vida da poboación en caso de accidente. Depredan o litoral, construíndo recheos nas rías para crear polígonos industriais sobre o mar ou para protexer portos deportivos que utiliza unha minoría e privatizan a costa. Instalando piscifactorías e gaiolas para cria e engorde industrial de peixes artificiais. E desenvolvendo un aberrante e caótico urbanismo que infecta toda a costa. Espolian os espazos naturais, que deberian estar protexidos polo seu valor natural ou a súa vulnerábel biodiversidade, onde permiten construcións e actividades de todo tipo que os van degradando, sendo o pais con menos espazos naturais protexidos do Estado. Usurpan o dereito á participación cidadá na toma de decisións, apuntalando a precariedade democrática, a corrupción xeneralizada do sistema e posibilitando a impunidade dos que abusan da cidadanía. Utilizan o parlamento para debater diferencias persoais ou partidistas, sin atender aos problemas da sociedade, como as 70.000 familias galegas sen ningún ingreso. Desmantelan as nosas paisaxes, Con aberracións urbanísticas, polígonos industriais, infraestruturas viarias irracionais, infraestruturas enerxéticas, canteiras, minas, louseiras, concentracións parcelarias, e campos de golf, que poñen en perigo o equilibrio ecolóxico e a biodiversidade. Saquean o noso futuro, Roubándonos as pensións. Repartíndose o diñeiro publico entre as grandes empresas e bancos. Privatizando todos os servizos sociais, aumentando o número de persoas sen recursos. Apostando por un irracional sistema económico baseado no consumo e o crecemento ilimitado. Depredan os océanos, Mediante unha pesca industrial que esquilma os bancos de peixe roubando os recursos dos países empobrecidos e impoñéndolles unhas relacións de prepotencia, insolidarias e inxustas. Espolian outros países, asasinando, sometendo e violando os dereitos humáns das suas xentes mediante invasións e guerras imperialistas para apoderarse de todos os seus recursos, sobre todo os mineiros e enerxéticos. Usurpan o noso dereito a información, Controlando os grandes medios de comunicación, pagados con cartos públicos e a servizo do poder político e económico. Desmantelan a división natural do pais en comarcas, afondando ainda máis os desequilibrios territoriais entre o interior e a costa, o rural e o urbano, concentrando masivamente a poboación en grandes cidades e areas metropolitanas centralizadoras, artificiais e insostíbeis. Saquean os nosos dereitos máis básicos, intentando privatizar o agua ou as sementes, considerandoas como mercadoria e permitindo que sexan acaparadas por intereses privados. Depredan os nosos ríos, Cunha sobreexplotación hidroeléctrica, que crea barreiras artificiais. Disminuindo o seu caudal cunha rede de abastecimento ineficaz para un uso derrochador do auga. Utilizandoos como sumidoiros naturais de aguas residuais e industriais que acaban coa súa biodiversidade. Espolian o pequeno comercio, Coa proliferación de grandes centros comerciais e macropolígonos empresariais, que desestruturan o territorio e perxudican á vida dos barrios e pobos. Usurpan o noso dereito á vivenda cun urbanismo baseado na especulación, convertendo unha necesidade social nun negocio. Aprobando planos xerais que chegan a triplicar o número de vivendas en vilas e cidades, nun pais con decrecemento da poboacion. Desmantelan a nosa soberania alimentaria, desprotexendo os nosos sectores produtivos tradicionais como o agro, a gandeiria, a pesca de baixura e o marisqueo. Estes individuos que Saquean, depredan, espolian, usurpan e desmantelan a nosa terra teñen nome e apelidos e forman a clase política corrupta de todas as administracións, banqueiros, e empresarios sen escrúpulos e xuíces e fiscais comprados. Son culpábeis de enriquecerse a base de depredar o territorio e empobrecer a nosa xente, culpábeis de cobiza insaciábel, culpábeis da nosa escravitude e de por en marcha e manter de xeito forzado este sistema insostíbel, culpábeis, en definitiva da nosa ruína. Por un cambio de modelo economico e social, baseado na xustiza, na solidariedade entre as persoas e os pobos, na harmonia coa natureza, no equilibrio entre o uso dos recursos naturais e a súa proteción e no respeto pola nosa cultura e todas as demais. Parecen moitos, pero nós somos máis, parecen fortes pero precisan de nós. Por un futuro que é o noso: movámonos, informémonos, xuntémonos, resistamos, rebelémonos, loitemos, denunciemos, defendamos, mobilicémonos, imaxinemos, creamos, traballemos, actuemos, fagamos posible esta terra viva e vida digna que todos e todas queremos. GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s