Charla informativa en Santomé

O próximo domingo 15 de maio a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza unha charla informativa sobre o proxecto de parque eólico no Morrazo, a mesma terá lugar na Casa da Cultura de Santomé, por ser esta unha das parroquias afectadas por esta instalación xunto con San Adrián e Domaio (nos concellos de Vilaboa e Moaña).

Para falar sobre esta problemática contaremos coa presenza de Damián Copena, experto da Universidade de Vigo en parques eólicos e as súas repercusións, que xa ten colaborado con comunidades de montes afectadas noutras localidades galegas.

A instalación dos parques eólicos ten unha repercusión directa sobre o aproveitamento do monte, eliminando a posibilidade de aproveitamento forestal. A instalación supón movementos de terras, apertura de pistas, a colocación de tendidos eléctricos; todo isto leva aparellada unha afectación, non só no parque eólico, senón tamén en todas estas instalacións.

Os veciños e veciñas de Santomé, e os que se queiran achegar, poderán saber de primeira man o que representa a instalación dun parque eólico, como son as ocupacións do terreo (expropiación, alugueiro, venda…), que actividades agrícolas e forestais se van ver afectadas. Tentaremos responder a todas as dúbidas que teñan.

Desde a Plataforma pretendemos dar unha información que se nos está ocultando por parte da administración responsábel, a Xunta, e pola empresa concesionaria. En ningún momento se fixo pública, agás no DOG no medio dun enorme decreto, a intención de instalar no Morrazo un parque eólico, nin en que zonas concretas, nin as dimensións do mesmo. Este escurantismo é a praxe xeral das administracións cando nos queren colar un proxecto nefasto e prexudicial para os pobos afectados.

Mentres, unha empresa multinacional italiana pretende levarse unha gran cantidade de euros a conta das subvencións públicas e da explotación do monte e do aire que é público, a nós vainos quedar un monte estragado.

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “Charla informativa en Santomé

  1. Pingback: CHARLA EN SANTOMÉ SOBRE O PARQUE EÓLICO « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s