Guía para os propietarios de terreos eólicos

O Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo e a Fundación Juana de Vega teñen unha interesante guía para os propietarios de terreos eólicos.

Esta Guía, segundo o propio GIEEA, pretende resumir os aspectos máis relevantes deses procesos negociadores e pólos a disposición de todos os propietarios. Unha boa parte do seu contido é o resultado do traballo xa realizado polo GIEEA en colaboracións con moitos propietarios de montes nos últimos sete anos. Como consecuencia do momento conxuntural no que se encontra o sector eólico galego (2.325 MW acaban de ser adxudicados)  faise moi oportuno transmitir aos propietarios as ideas contidas neste texto e ofrecerlles a posibilidade de colaboracións posteriores para deseñar estratexias de negociación que permitan obter bos resultados para a comunidade local.

As persoas interesadas en descarregar a guía poden facelo premedo aquí.

A seguir tamén reproducimos en galego un artigo publicado no diario El País sobre os múltiplos problemas dos parques eólicos e as formas de actuar das empresas.

Dun lado, os propietarios dos montes. Do outro, as empresas que teñen que comezar a desenvolver os parques conseguidos no último reparto eólico. No fondo, un problema social ou, simplesmente, unha cuestión de diñeiro. As sociedades gañadoras do concurso comezaron a se mover para instalar os seus muiños. Airosa Vento (participada por Copasa), xa ofreceu precontratos a particulares na Estrada, onde lle adxudicaron 18 megavatios. En Forcarei e Silleda estanse dando negociacións similares e outras empresas, como Estela Eólica, tantearon a propietarios. A maioría, como Norvento, limítanse a se pór en contacto cos titulares das parcelas para incluilos nos proxectos que deberán presentar ante a Consellaría de Economía en xuño.

Os que optan por ofrecer diñeiro aos titulares do monte avanzan prezos que para os sindicatos agrarios son “unha broma”. Estes acusan ás eléctricas por querer trasladarlles os custes do canon eólico, unha tasa que se ampara na Lei de Aproveitamento Eólico de Galicia impulsada desde o Goberno do PP que viu a luz en 2009.

Marcos Louzao, do Sindicato Labrego Galego, explica que en varias parroquias estradenses se puxeron en pe de guerra porque consideran unha burla as ofertas. A presidenta dos veciños, Fina Rodríguez, asegura que lonxe de estar dacordo, os titulares do monte catalogado agora como Área de Desenvolvemento Eólico se beneficiaron hai 11 anos dunhas axudas europeas para plantar piñeiros. Se os talan deberán devolver os cartos e os xuros. “Non haberá monte suficiente noutro lugar?” pregúntase. El precontrato de Airosa inclúe un pago de 0,5 euros por cada metro cuadrado ocupado e 3.000 euros por megavatio instalado. “Hai poucos anos chegouse a pagar un 33% máis. O mínimo é que os donos dos terreos reciban o 1% do que produce o parque”, sinalan dende Unións Agrarias. “É unha estratexia. Intentan coller desprevenidos aos propietarios, porque saben que até dentro de dous ou tres anos non van poder desenvolver o parque”. Correuse a voz entre os veciños para que ninguén asine, e menos antes de coñecer o proxecto completo do parque. Nas parroquias de Olives, Pardemarín, Agar, Curantes e Orazo, onde as concesións chegan a 80 megavatios con entre 20 e 50 aeroxeneradores, 220 veciños asinaron un manifiesto ante a oficina agraria da comarca para que se defenda o interess das súas explotacións. No entanto, no sector consideran que a oferta é moi razoébel, na liña co que se negociaba antes de que estalara a crise.

Varias empresas consultadas xustifican, no entanto, que as ofertas tenderán a baixar porque o pago do canon á Xunta fixo moito dano, ao sector. Engaden que teñen que soportar unha maior presión fiscal e o deterioro das primas do Goberno. “Estamos obrigados a axustar á baixa os custes de explotación”, reivindican. Só un portavoz de Norvento desvincula unha cousa da outra: “No 80% ou 90% dos casos conseguimos acordos. Estamos obrigados a facer ofertas responsábeis e ao longo do tempo vimos un incremento paulatino dos pagos a propietarios”.

Os donos do monte non só queren falar de diñeiro. “Xorden outros problemas. O marco normativo actual ata de pes e mans aos propietarios eólicos, ponnos de xeonllos ante as empresas”, denuncia Louzao. José Antonio Diéguez, de Unións Agracias, pregúntas como poden chegar a ofrecer menos do 1% do rendemento do parque “cando no anterior concurso estaban dispostos a ceder o 14% do aproveitamento á Xunta”. “Isto é a rapiña da propiedade dos montes”.

Nega que os parques sexan inocuos. “É evidente que teñen un impacto negativo. Unha instalación eléctrica na cima dun monte causa distorsión. As pas producen un efecto discoteca ao proxectar sombras a tres ou catro kilómetros. Transforman a paisaxe, contaminan acusticamente e utilizan toneladas de formigón para as zapatas”. Os empresarios rebaten estes argumentos lembrando que dan valor a terreos onde “se poden continuar desenvolvendo actividades agrícolas, como a gandeiría”.

Tras unha década de forte impulso eólico, Galiza segue sen encaixar adecuadamente os custes, aínda que se trate dunha enerxía limpa e necesaria para rematar co abuso de combustíbeis fóseis. “En Galiza somos excedentarios en produción eléctrica , por que temos que enturbiar máis o entorno? O rural está pagando o nivel de vida das cidades coa amenaza de “ou asínasme este contrato ou exprópiote”, ataca Diéguez, que cre que o 90% dos afectados cobra menos de 100 euros polo arrendamento. “O canon eólico [polo que a Xunta ingresa ao ano 22 millóns] vai servir para pagar as indemnizacións do concurso anterior”, conclúe.

 


Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s