Primeira andaina polos Montes do Morrazo

Arredor de 40 persoas participaron este sábado 18 no primeiro dos roteiros organizados pola Plataforma en defensa dos Montes do Morrazo para defender e dar a coñecer a grande riqueza natural, paisaxística e patrimonial destes montes.

Lembramos que a pesares de que son un espazo natural protexido está ameazado por numerosos proxectos como son polígonos industriais e un parque eólico recentemente adxudicado á empresa Enel Power Green.

O primeiro roteiro contra o parque eólico comezou pouco despois das 10 da mañá en Chan de Arquiña onde os e as numerosas participantes puideron escoitar unha breve explicación por parte do arqueólogo moañés Alexandre sobre a riqueza patrimonial existentes nos Montes do Morrazo.

O roteiro que durou aproximadamente 4 horas percorreu as cimas do Morrazo, desde Monte Faro de Domaio até Coto do Home desde onde os e as participantes do roteiro, a pesares de non estar un día totalmente claro, puideron disfrutar dunhas impresionantes vistas sobre as rías galegas e os montes do Barbanza e do norte de Portugal.

Durante o percorrido os e as asistentes puideron escoitar da voz dun representante de Luita Verde e membro da plataforma numerosas explicacións sobre os efectos e impactos negativos da instalación dun parque eólico nesta zona.  Houbo durante o percorrido numerosas e breves paradas para explicar algunhas especies de flora e fauna características do Morrazo, incluídos algúns endemismos galegos.

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “Primeira andaina polos Montes do Morrazo

  1. Pingback: ROTEIRO POLOS MONTES DO MORRAZO « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s