Charla sobre o parque eólico do Morrazo en Moaña

O próximo xoves 20 de outubro terá lugar en Moaña unha charla informativa sobre o parque eólico previsto para o Morrazo, na zona de Pedras Negras, e que abarcaría os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña. Desenvolverase no 1º andar da praza de abastos e Moaña ás 20h. No acto intervirán Cándido Martínez, representante de Luita Verde, e Damián Copena, profesor da Universidade de Vigo.

 

O parque eólico de Pedras Negras está promovido pola empresa transnacional italiana Enel Green Power España, empresa que ten agredido o medio ambiente coa construción de parques eólicos noutras zonas mesmo do Estado español tendo sido así mesmo sentenciada a nivel xudicial por delito ecolóxico.

 

A instalación deste parque eólico suporía a instalación de 14 aeroxeneradores de grandes dimensións (119 metros de altura de buxe e 112 metros de diámetro de rotor), a ocupación dunha explanada de 17×17 metros de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novas vías e ampliación en ancho de pistas forestais existentes, que en total suman 17.302 metros lineais de vías entre os de acceso e interiores, 15.702 metros de gabias para instalación de cable eléctrico e de comunicacións e unha subestación eléctrica.

 

Impacta severamente na paisaxe dunha área que está entre os 500 e os 600 metros de altitude e que pasan por ser as mais altas do Morrazo e con amplas vistas cara ás Rías Baixas, as serras entre Pontevedra e Ourense mais as do Sur de Pontevedra cara a Portugal.

 

Os habitantes do Morrazo temos que saber o que pretenden instalar nun monte protexido polas normas subsidiarias provinciais, e non enfrontarnos a unha política de feitos consumados. Desde a Plataforma pola defensa dos Montes do Morrazo pretendemos dar a coñecer este proxecto e facelo público, cousa que debería facer a administración responsábel (a Xunta) e non fai.

 

Rexeitamos a instalación dun parque eólico en Pedras Negras polo seu impacto negativo e facemos un chamamento para que os veciños de Moaña, e do Morrazo, asistan a este acto informativo para coñecer as repercusións do proxecto.


Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Charla sobre o parque eólico do Morrazo en Moaña

  1. Tonio Nogueira

    E AÍNDA POR RIBA, EN GALICIA XA PRODUCIMOS 3 VECES MÁIS ENERXÍA ELÉTRICA DA QUE CONSUMIMOS

  2. Pingback: ESTA TARDE EN MOAÑA, CHARLA SOBRE O PARQUE EÓLICO « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s