Defendamos o noso patrimonio natural, paisaxístico etnográfico e arqueolóxico, non ao polígono no monte Pornedo

Nas últimas datas en Marín o PSOE, agora na oposición, e a CCMM de San Xulián voltaron á carga demandando a instalación dun polígono industrial na zona do monte Pornedo, incluída nos Montes do Morrazo, temos que lembrar que está zona está protexida polas normas subsidiarias provinciais. Desde hai un tempo unha comisión técnica formada por distintas persoas vense enacarregando de traballar para pór en andamento un proxecto de creación dun espazo natural e arquolóxico que levaría por nome Sete Camiños. Este espazo englobaría terreos dos concellos de Marín e Pontevedra e veríase afectado de se levar a cabo o polígono. Deixamos aquí, unha nota enviada por esta comisión en resposta á demanda da CCMM de San Xulián.

O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños é un proxecto ideado para valorizar unha área que abrangue os concellos de Marín, Pontevedra e Vilaboa onde, ademais do importante valor natural, paisaxístico e etnográfico da zona, existen numerosos xacementos arqueolóxicos.

En resposta ao artigo publicado no Diario de Pontevedra co titular “La Comunidad de Montes de San Xulián demanda el polígono”, a Comisión Técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que representa a unha vintena de entidades veciñais, sociais e culturais de Marín, Pontevedra e Vilaboa, quere responder publicamente as declaracións da xunta directiva desta comunidade de montes, por considerar que estas están baseadas na falacia ou, cando menos, na desinformación.

O proxecto do “polígono do Pituco”, que se inclúe no PXOM de Marín e que aínda non está aprobado, abarca unha superficie de 375.000 metros cadrados, englobando dende o contorno do Monte Pornedo ata os Sete Camiños, e a área de Chan de Lagoa. Isto quere dicir que non hai un polígono industrial na zona de Sete Camiños polo que aposten eles, e outro no Pornedo que desboten, senón un só e mesmo polígono, chámeselle Pituco, Pornedo ou Sete Camiños. Están pois, confundindo a opinión pública.

O máis preocupante, e polo que está a traballar a comisión técnica do proxecto, é por protexer, valorizar e dar a coñecer a enorme riqueza natural, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica dunha zona que se podería converter nunha área de esparcemento e de lecer para os veciños e veciñas de toda a contorna. Este proxecto, polo tanto, seríatotalmente incompatible coa construción dun polígono na mesma zona, ou en parte dela.

Cando a directiva da Comunidade de Montes afirma que “non hai impedimentos para que se faga a obra”, está faltando á verdade, xa queson innumerables os impedimentos que, a todo nivel, a obra ten. Citemos só algún deles: dende o punto de vista medioambiental, por estar nunha área incluida nos Montes do Morrazo, e protexida polas normas subsidiarias provinciais; dende o punto de vista patrimonial, pola presenza de numerosos xacementos arqueolóxicos; dende o punto de vista paisaxístico, por ser un dos puntos máis visibles e sensibles da contorna, condeando Marín a ficar encaixado entre o porto e unha mancha de cemento no medio do monte; dende o punto de vista hídrico, por ser o nacemento de numerosos mananciais dos que se serven os veciños; dende o punto de vista técnico, por presentar uns desniveis excesivos para este tipo de infraestruturas.

Polo tanto, cando din que “o impacto visual e paisaxístico sería pequeño”, hai que ter en conta que estamos falando do lugar de Sete Camiños, un espazo natural situado por enriba do Pornedo. Precisamente por estar por enriba do Pornedo, a maior altitude, é aínda un lugar máis destacado na paisaxe. Lembremos que o Pornedo e Os Sete Camiños forman un balcón natural sobre a vila de Marín, polo que o impacto paisaxístico sobre a zona é o mesmo, ou maior, que o do proxecto inicial do polígono.

Volven faltar á verdade, ou seguen desinformados, cando afirman que esta zona “es practicamente plana”. Arredor da zona dos Sete Camiños o terreo non só non é plano, senón que supera considerablemente a pendente máxima recomendada polos técnicos para os polígonos industriais, polo que requeriría grandes desmontes, en contra do que eles afirman. Existen informes topográficos que así o indican, non só o presentado polo colectivo Defende o Monte Pituco, senón tamén o estudo realizado no ano 2000 pola Autoridade Portuaria de Marín, que xa daquela desbotara esta zona como posible alternativa para a ubicación das súas empresas debido ao desnivel.

E por último, cando aseguran que “nós entendemos que o polígono industrial só traería beneficios para a parroquia e para Marín” están obviando, primeiro, que todo polígono industrial conleva unha serie de prexuizos e incomodidades para os veciños (alteración de acuíferos, contaminación, ruídos, tráfico pesado…) e, segundo, que Sete Camiños é unha zona fronteiriza e compartida entre o concello de Pontevedra e o de Marín, polo que parroquias como Salcedo e Lourizán poderían verse seriamente afectadas por estas instalacións sen ter a cambio ningunha das “vantaxes” que, segundo se di, traería este polígono.

A Comunidade de Montes de San Xulián, a diferenza das Comunidades de Montes de Lourizán, Salcedo e Vilaboa, non apoia o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Un proxecto quedinamizaría, recuperaría e poría en valor todo o patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico da zona, podendo chegar a converterse nunha importante fonte de recursos económicos e turísticos, e nun referente galego de desenvolvemento sostible.

Pola contra, semella que a Comunidade de Montes de San Xulián prefire un polígono industrial nos seus terreos -outro máis a sumar aos que hai baleiros polo país-, o cal implica unha clara contradición e violación do que se supón que debe ser o traballo dunha comunidad de montes, isto é: defender o monte veciñal, poñelo en valor, explotalo racionalmente e salvagardar a herdanza dos nosos devanceiros para que a reciban os nosos descendentes. O sorprendente de todo isto é que, mentres moitas comunidades de montes do país loitan por recuperar os seus montes usurpados e o seu dereito a explotalos e a gozar deles, a xunta rectora da comunidade de San Xulián é a primeira interesada en que lles expropien o monte comunal dos veciños, e mesmo van presionar o Concello para que así sexa.

Así que non sabemos que será máis grave, se que as declaracións da directiva da Comunidade de Montes de San Xulián se deban aodescoñecemento do monte que xestionan e de cal debería ser o seu traballo, ou á mala fe. En todo caso, sempre haberá xente que mire polos cartos a costa de todo e de todos, e quen mire polo futuro e o beneficio da sociedade e das xeracións que virán.

Cada un elixe onde quere estar, e como quere que o recorden.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s