Charla informativa e asamblea da plataforma

O vindeiro venres 16 de decembro terá lugar en Marín unha charla informativa sobre o parque eólico previsto para o Morrazo, na zona de Pedras Negras, e que abarcarca os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña. Desenvolverase no salón da biblioteca municipal de Marín ás 20h. No acto intervirán Cándido Martínez, representante de Luita Verde, e Damián Copena, membro do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo.

O parque eólico de Pedras Negras está promovido pola empresa transnacional italiana Enel Green Power España, empresa que ten agredido o medio coa construción de parques eólicos noutras zonas mesmo do Estado español tendo sido así mesmo sentenzada a nivel xudicial por delito ecolóxico.

Este parque eólico suporá a instalación de 14 aeroxeneradores de grandes dimensións (119 metros de altura de buxe e 112 metros de diámetro de rotor), a ocupación dunha explanada de 17×17 metros de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novas vías e ampliación do ancho de pistas forestais existentes, que en total suman 17.302 metros lineais de vías entre os de acceso e interiores, 15.702 metros de gabias para instalación de cable eléctrico e de comunicacións e unha subestación eléctrica.

Este parque eólico conlevaría, como moitos outros, un impacto visual na paisaxe moi severo nunha área que está entre os 500 e os 600 metros de altitude e que pasan por ser das máis altas do Morrazo e con amplas vistas cara ás Rías Baixas, as serras entre Pontevedra e Ourense e as do Sur de Pontevedra cara Portugal.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, composta por colectivos, asociacións e persoas de Marín, Bueu, Cangas e Moaña, rexeitamos a instalación dun parque eólico en Pedras negras e pretendemos dar a coñecer este proxecto aos veciños e veciñas do Morrazo, informar das graves consecuencias que ten sobre o medio e sobre a veciñanza unha instalación deste tipo e valorizar a grande riqueza natural e arqueolóxica dos Montes do Morrazo protexido polas normas subsidiarias provinciais.

Por último desde a plataforma tamén queremos convidar os veciños e veciñas de Marín a participar na asamblea que terá lugar este mércores 14 de decembro a partir das 20:30h na casa da cultura de Seixo. Nesta asamblea abordaranse as distintas ameazas que se cernen sobre os Montes do Morrazo e planificaranse as accións e actividades a desenvolver na defensa deste espazo nos vindeiros meses.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s