Rexeitamos o desdobramento da vía rápida do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ante a declaración do concurso para o desdobramento da vía rápida do Morrazo como deserto quere amosar o seu rexeitamento á pretensión de convertir este corredor nunha autovía e reclamamos que o orzamento destinado á obra máis o conxunto de 365 millóns de euros se destinen ao urxente arranxo e ás medidas de seguridade necesarias no vial, e á mellora, vertebración e humanización da estrada principal e das secundarias a nivel comarcal. Alén disto, dito orzamento tamén podería ser destinado á desincentivación do uso do automóbil privado e a potenciación do transporte colectivo e intermodal (autobus, transporte marítimo e tren de proximidades), a construción de carrís bici, e a consecución de infraestruturas sociais, administrativas, culturais, educativas e sanitarias a nivel municipal e comarcal que fagan que a comarca do Morrazo, de arredor de 100.000 habitantes, non dependan deses servizos en cidades coma Vigo e Pontevedra.
A vía rápida, tamén denominada “corredor de alta capacidade do Morrazo”, está baseada no chamado transporte de mobilidade a medias-longas distancias, un modelo insustentábel polo caro que é económicamente, o grande e irreversíbel impacto ambiental que provoca no territorio, o considerábel gasto enerxético e as altas cantidades de contaminación que produce na atmósfera debido ao aumento do tráfico rodado e de gases emitidos de efecto invernadeiro. Este feito está pasar dende hai décadas coas RETT (Redes Transeuropeas de Transporte), co PEIT (Plan Estratéxico e de Infraestruturas e Transporte) a nivel estatal, dentro deste, e agora co Plan MOVE a nivel autonómico, onde así mesmo está integrado o proxecto de ampliación da vía rápida do Morrazo en autovía.
Ademais este modelo é contrario e incompatíbel co transporte de accesibilidade e de proximidade, moito menos impactante e que pasa por ser o que mellor nos vai comunicar a nivel local, co que vai sempre competir e restar en total desigualdade de orzamentos, deseño e recursos.
Como era de prever e tal como pasou noutras zonas de Galicia, por exemplo nas comarcas do Barbanza ou do Salnés, a vía rápida do Morrazo ficou ás primeiras de cambio obsoleta para o nivel de tráfico que inmediatamente se xerou.
Noutros países máis desenvolvidos que, xa pasaron por este nivel de desenvolvemento hai décadas, xa se deron conta que, a máis e meirandes estradas, por lóxica, se produce un incremento do tráfico e nun intervalo non moi longo de tempo xera a construción de máis e impactantes infraestruturas viarias. De aí vén a denominación de “vías de alta capacidade”, que no canto de solucionar o problema rematan por agravalo sucesivamente, sendo “a pescada que se morde o rabo”.
É se sentido común, que canto maior é o número de vehículos nas estradas maior é tamén a sinistralidade que se produce. Vías de alta capacidade, como esta do Morrazo, non reducen o problema desta alta sinistralidade, máis ben agrávano xa que dan a posibilidade de conducir a maiores velocidades, que despois tamén se ve reflectido nas estradas máis pequenas que nos comunican, onde temos que lembrar que tamén se producen accidentes mortais.
Unha das xustificacións máis usadas por parte dos responsábeis políticos cando foron aparecendo os sinistros, e por engadido as víctimas mortais, é que a vía rápida foi mal feita, mais no canto de esixir responsabilidades políticas ou técnicas a quen a deseñou e aprobou, poñen agora interesadamente como solución o seu desdobramento.
O desdobramento da vía rápida do Morrazo en autovía, ademais de non solucionar os problemas de tráfico e rematar coa sinistralidade, suporía un novo impacto engadido aos xa producidos pola construción da propia vía nos espazos naturais protexidos dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro, nas áreas de protección do rico e variado patrimonio cultural e arqueolóxico, e nos fondos dos vales e áreas de ribeira dos numerosos ríos e regatos existentes a traveso do trazado. Tamén suporía un maior risco de contaminación de augas pluviais máis o de sedimentación e inundación dos cursos medios e baixos fluviais, ademais do xa provocado e demostrado pola construción do propio corredor.
O único beneficiario deste desdobramento será a grande ou grandes empresas da construción que executen a obra. Mais no contexto de actual crise económica global, provocada precisamente polos desmáns e a grande especulación do sector, tampouco lles está facer doado facerse cargo da obra como se pode comprobar ao resultar deserto o concurso. Temos que salientar tamén que a vía rápida non foi deseñada na realidade para resolver os problemas viarios da comarca, senón máis ben para servir de “vía de conexión” coa alta especulación urbanística existente no máis recente pasado con planos urbanísticos municipais que promovían e aínda promoven unha edificabilidade a nivel residencial e industrial moi por riba das súas capacidades e necesidades reais.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s