Estrea do documental “Sete Camiños, encrucillada do tempo”

Fronte ás propostas irrespectuosas co medio que ofrece a Xunta para os Montes do Morrazo, polígonos industriais e parques eólicos, existen outras propostas moito máis interesantes, sustentábeis e que poñen en valor o noso medio e patrimonio como é o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños cuxa comisión promotora estrea un documental sobre o mesmo este venres 13 de xaneiro a partir das 20:30h no teatro principal de Pontevedra. A seguir reproducimos aquí a nota de prensa.

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro venres 13 de xaneiro, a partir das 20:30 horas e con entrada libre, a proxección do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”. Este traballo pretende poñer en valor o importante patrimonio natural, paisaxístico e cultural do espazo dos Sete Camiños, situado nunha estribación da serra de Domaio entre os concellos de Pontevedra, Marín e Vilaboa.

Sete Camiños: encrucillada do tempo” é unha coprodución da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e Faro de Ons Producións. O realizador e arqueólogo Lukas Santiago e mais o antropólogo e economista Rafael Quintía, son os responsables do guión e da dirección deste traballo audiovisual, que tamén conta con João Bieites na realización técnica.

Ao longo de 45 minutos, o documental xustifica a necesidade de conservar os diferentes elementos patrimoniais existentes no contorno dos Sete Camiños, do Monte Pornedo e do Monte Catadoiro: xacementos arqueolóxicos, como mámoas e petroglifos; vestixios etnográficos, como valados, fontes ou restos de antigas canteiras; lendas tradicionais, no eido do patrimonio inmaterial; e elementos naturais de interese, entre os que destacan miradoiros ou formacións rochosas singulares.

Pero tamén alerta das ameazas que destruirían parte do monte comunal das parroquias de Salcedo e Lourizán en Pontevedra, e de San Xulián en Marín, hipotecando as posibilidades de poñer en valor o rico patrimonio deste espazo.

O proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños conta co apoio dunha vintena de colectivos veciñais, sociais e culturais da bisbarra. O documental que se estrea o 13 de xaneiro ponlle voz e imaxes a un proxecto sustentable que supón unha estratexia colectiva na súa aposta pola xestión racional dos montes, pola revalorización do patrimonio que estes albergan, e por unha visión a longo prazo que garanta unha digna herdanza para as xeracións futuras. 


Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s