Rectificación e desculpas

O pasado domingo saiu no Diario de Pontevedra unha nota de prensa que nunca foi enviada nin publicada no seu blogue pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. En dita nota, sobre o Plan sectorial de Áreas Industriais de Galicia, mencionábase que a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo estaría dacordo coa instalación dun polígono preto dos Montes do Morrazo e preto do tren para poder sacar as naves do porto de Marín. Dito comunicado, reiteramos nunca feito público, era un borrador pendiente das aportacións e correccións por parte de todos os colectivos que fan parte da plataforma. Un destes colectivos tivo o erro de colgalo no seu blogue antes de tempo e foi de aí de onde sacou a información dito xornal.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo queremos pedir disculpas publicamente a Vaipolorío e a veciñanza de Pontevedra e Vilaboa que están afectados pola instalación da plataforma loxística Pontevedra-Vilaboa. Esta é a nota enviada ao Diario de Pontevedra.

Con respeto ao artigo publicado o pasado domingo 22 de xaneiro neste Diario sobre o Plan Sectorial de Áreas Industriais de Galicia a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere manifestar que malia o axeitado que poida parecer o traslado das naves industriais ubicadas ilegalmente no porto de Marín á área industrial de Pontevedra próxima ao Morrazo e preto da vía do tren, unha vez visto o citado Plan Sectorial rexeitamos a ubicación das citadas naves industriais na plataforma loxística Pontevedra Vilaboa por supor esta un grave e irreversíbel impacto para as ribeiras do río Gafos ao seu paso polas localidades afectadas.

Por outra parte tamén queremos adiantar que estamos elaborando unha alegación, onde imos solicitar a retirada dos proxectos da plataforma loxística Marín Pontevedra e do parque empresarial Marín Moaña, que afectarían ao espazo natural dos Montes do Morrazo nas zonas do monte Pornedo, Cruz da Maceira e da Pastoriza e das que daremos cumprida información no momento de presentalas.


 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s