O goberno do estado suprime as primas ás empresas eólicas

Deixamos aquí un interesante artigo onde se dá conta do decreto aprobado o pasado venres polo goberno do estado deixando sen primas as empresas eólicas. O artigo está tirado do recén estreado xornal dixital praza pública.

O decreto do Goberno aprobado o pasado venres, que suprime sine die as primas para as novas instalacións de enerxía renovable, é“a fin” do concurso eólico da Xunta de Galicia. Dura sentenza e “realidade inapelable” que “debe asumir” o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra. Isto é o que pensan fontes do sector consultadas por Praza que, en calquera caso, non se amosaron sorprendidas pola decisión do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. “É algo que xa se lle pedira a Miguel Sebastián”, indican. “E xa está feito”. A escenificación dun plan eólico que pretendía canalizar unha inversión de máis de 3.500 millóns de euros queda sen data de estrea. O pano da cuarta parede, de confirmarse as estimacións empresariais, non vai volver a abrirse.

A reforma lexislativa é o primeiro Real Decreto Lei de 2012. A norma cancela calquera viabilidade dos novos parques eólicos nun escenario de nulo financiamento bancario. “As grandes eléctricas xa sabían que isto ía pasar”, opina José Antonio Diéguez, responsable da asociación Ventonoso. Diéguez apunta tamén a outras “pistas” como o feito de que fondos de capital risco xaponeses e norteamericanos se teñan retirado de inversións vinculadas ao sector eólico durante todo o ano pasado. De feito o ministro alemán de Economía, o liberal Philipp Rösler, apostou o pasado día 18 que calquera incentivo ás renovables tiñan que ser retiradas. Con todo, “as grandes eléctricas non van ter problema”, condena Diéguez.+

Outros xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia tamén dan cumprida conta da mesma nova.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s