Crónica do roteiro polos Montes do Morrazo

Máis de 250 persoas desafiaron o intenso frío e a ameaza de chuva participando no roteiro organizado este domingo, 5 de febreiro, pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo para amosar o noso rexeitamento ao proxecto de instalación de parque eólico no Morrazo.
O roteiro comezou pasadas as 11 da mañá desde a área recreativa de Chan de Arquiña, onde un dos membros da plataforma, antes de sair, explicou que a empresa Enel Green Power pretede instalar un parque eólico nos Montes do Morrazo, espazo protexido polas normas subisidiarias provinciais.
Durante o traxecto, en distintas paradas, explicáronse as distintas afeccións que conlevará a instalación do parque eólico no medio, movemento de terras pola apertura e ampliación de pistas até un total de 17km, 15 km de gabias para soterrar o cableado, a instalación dunha subestación eléctrica… (pódense consultar outras afeccións neste artigo e nos nosos comentarios presentados ante a Xunta aquí)
Ao roteiro tamén asistiron membros do clube de parapente do Morrazo, o máis numeroso de Galicia, cuxa actividade, como tamén se explicou durante o percorrido, se vería enormemente afectada coa instalación dos muíños imposibilitando o seu despegue e voo nos Montes do Morrazo.
O intenso neboeiro e a posterior aparición da chuva fixeron que o percorrido proxectado para o roteiro se tivera que acortar, imposibitando tamén que @s numeros@s participantes puidesen gozar dunhas marabillosas vistas sobre as rías de Pontevedra e Vigo.
A numerosa asistencia a pesares das condicións climatolóxicas dan conta do firme compromiso da veciñanza da comarca coa protección do noso medio e en contra deste parque eólico. Somos sabedores tamén que de ter habido mellor tempo o número de participantes sería moito maior, por iso, queremos comunicar que cando chegue a primavera se volverá a organizar outro roteiro acompañado de múltiplas actividades.

Pódense ver algunhas fotos do roteiro premedo aquí

Advertisements

2 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

2 respostas a “Crónica do roteiro polos Montes do Morrazo

  1. José Ramón

    Unha pena, cando cheguei (empanada e vinho na man) xa non quedaba ninguèn. Serà para a primaveira entòn!
    Saude!!!

  2. Pingback: Crónica do roteiro polos Montes do Morrazo « Pola defensa da Serra do Galiñeiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s