Saramaganta galega VS Plataforma Loxística Marín-Pontevedra

A nota de prensa da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo tivo onte ampla difusión nos medios de comunicación da comarca, como amosa que o Faro de Vigo incluíra a nova nas súas edicións de Pontevedra e do Morrazo. Mais aínda que non sae na versión dixital do Diario de Pontevedra, a súa edición impresa recollía onte a nova destacando no seu titular que a plataforma loxística Marín-Pontevedra se podería ver afectada pola presenza da saramaganta galega (Chioglosa lusitanica) que, tal como recollía a alegación presentada o pasado luns, é unha especie endémica cuxa existencia, segundo os expertos, pode remontarse á era calcolítica. Esta xoia da natureza galega figura no catálogo galego de especies ameazadas con animal vulnerábel, así como tamén está protexida polo Convenio de Berna e no Real Decreto 439/1990, na Directiva Hábitat e na lista Vermella da IUCN (Unión Interncacional para a Conservación da Natureza).

A pintega rabilonga, outro dos nomes desta especie, segundo describe Defende o Monte Pituco, colectivo que participa na plataforma, no seu blogue habita no contorno inmediato a un curso de auga situado no ámbito de incidencia da Plataforma Loxística Marín Pontevedra, onde se constatou a presenza de exemplares de aproximadamente dous anos de vida, e que construíron o seu habitat entre a vexetación do lugar.

Pódese ver máis información e fotos a este respecto no blogue de Defende o Pituco pulsando aquí

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s