Informe da Comisión Nacional de Enerxía (CNE) desaconsella máis instalacións para producir enerxía

Segundo recolle unha nova no Faro de Vigo o Ministerio de Economía baséase nun informe da Comisión Nacional da Enerxía (CNE) para xustificar a moratoria na prima ás renovábeis. Segundo este informe coa recesión que se preve se recrudeza no futuro o consumo eléctrico a estas alturas situase en niveis de hai cinco anos. A sobrecapacidade instalada derivada da caída da demanda permitiría frear nova xeración de enerxía até o 2020, cando a UE obriga a que un 20% da demanda veña de tecnoloxías limpas.

Aínda que o informe non é vinculante vén a dar a razón á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo que sempre dixo que Galicia producía máis enerxía da que consumía e que polo tanto non era preciso encher de máis muíños os nosos montes, máis cando a instalación de todos estes muíños non están a servir para o desmantelamento doutras formas de producir enerxía máis contaminante.

Pódese ler o artigo completo do Faro de Vigo premendo aquí. E ler o informe do CNE aquí.


Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s