DOMINGO 18 DE MARZO, MARCHA POLA PROTECCIÓN DO SUÍDO. NON MÁIS CANTEIRAS! NON MÁIS PARQUES EÓLICOS!

O vindeiro domingo 18 de marzo, a Asamblea do Suído, organiza unha marcha para reclamar a protección da serra fronte ás ameazas de construción de máis parques eólicos e canteiras. A pesar de estar proposta para formar parte da rede Natura 2000, a Xunta de Galicia meteu a tesoira á proposta inicial de protección deste espazo, para poder autorizar máis parques eólicos, canteiras e minicentrais hidráulicas.

A Asemblea do Suído reclama a protección integral deste espazo de media montaña, xunto co río Tea e os seus afluentes, Alén  e Xabriña e mailo Coto de Eira. A marcha será este domingo 18 de marzo ás 10:00 horas desde a praza do Mestre Cerviño, en Covelo, para ir até a Serra do Suído (hora de remate: 18:00 horas). Desde a Asamblea do Suído pregan que @s participantes na marcha, leven comida e máis roupa e calzado resistentes.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s