Os comuneiros de Moaña anulan a permuta de terreos para desenvolver o polígono industrial na Cruz da Maceira

Segundo informa o Faro de Vigo a asamblea de comuneiros de Moaña acordou por maioría deixar sen efecto o contrato asinado no ano 2003 coa Agrupación de Interese Económico para desenvolver un polígono industrial na Cruz de Maceira. Agora os comuneiros tratarán de buscar unha saída amigábel coa asociación de empresarios, acudindo á vía xuducial no caso de non se producir un acordo.

O convenio fora suscrito e aprobado no ano 2003 e cedía aos promotores do polígono unha parcela de terreo comunal de 241.000 metros cadrados, A cambio os empresarios entregarían aos comuneiros 25.000 metros cadrados de terreo xa urbanizado.

Segundo a avogada dos comuneiros este acordo sería nulo ao incurrir en varias irregularidades, xa que sería imposíbel que o rexistro da propiedade admita estes terreos aos ser unha compra-venda encuberta, lembrando que a Lei de Montes só contempla a permuta de solo comunal por parcelas que vaian ter o mesmo uso de explotación forestal.

Para coñecer máis sobre esta decisión dos comuneiros de Moaña entrar na nova do Faro de Vigo premendo aquí.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s