A plataforma presenta alegacións á proposta de ampliación da Rede Natura

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo presentou este venres 16 de marzo a súa alegación á proposta feita pola Xunta de Galicia para ampliar os espazos protexidos como Rede Natura.

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo a proposta elaborada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza é totalmente insuficiente xa que só aumentaría un 3% a superficie protexida por Rede Natur, pasando dun 12% a un paupérrimo 15% do territorio galego, cando a media estatal está establecida nun 27% e outras comunidades autónomas pasa do 30% do seu territorio protexido.

A plataforma presentou esta alegación en base a que a falta de extensas zonas sen protexer provoca un isolamento dos LIC xa existentes que son e seguen a ser unha minoría do territorio, e fai perigar a súa funcionalidade real pola falta de protección nos corredores naturais que interconecten un espazos naturais protexidos cos outros, indo finalmente en contra do principal fundamento da Rede Natura, o de ser unha rede medioambiental de conexión entre os distintos espazos no territorio.

A maioría da superficie protexida dos LIC existentes na península do Morrazo, Enseada de San Simón, Costa da Vela e Cabo Udra é mariña e polo tanto carecen dunha protección como espazos naturais protexidos nos corredores naturais terrestres existentes.

Por iso a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitou a ampliación da Rede Natura cun novo LIC co nome de Montes e Carballeiras do Morrazo que inclúa os espazos naturais dos Montes do Morrazo e o da Carballeira de Coiro, actualmente catalogados como solo rústico de protección de espazos naturais polas NN CC e SS de Planeamento da provincia de Pontevedra e incluídos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia. A seguir deixamos o texto completo da alegación presentada.


Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s