@s comuneir@s de Domaio tamén en contra do parque eólico

Segundo aparece publicado no Faro de Vigo, edición do Morrazo, a Comunidade de Montes de Domaio estarían contra a construción do parque eólico de Pedras Negras, contra o que esta plataforma leva loitando desde hai case un ano. Na última asemblea desta comunidade, aínda que non estaba na orde do día, acordaron emprender conversas coa mancomunidade de Montes do Morrazo, comuneiros de Vilaboa e Marín e con colectivos ecoloxistas co obxectivo de involucralos na defensa do monte e frear o proxecto de parque eólico adxudicado á multinacional Ener Green Power.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, formada por distintos colectivos e persoas da comarca, leva traballando desde hai case un ano para parar este proxecto. Durante este tempo temos presentado comentarios ao inicio do procedemento de avaliación ambiental, pedido a inclusión dos Montes do Morrazo na ampliación da Rede Natura, realizado charlas en Marín, Santomé e Moaña. Temos participado nunha reportaxe televisiva sobre o parque eólico, realizado dous roteiros pola área afectada, un en xuño do 2011 e  o último en febreiro deste 2012 con moito éxito a pesares das malas condicións climatolóxicas.

Agardamos poder sumar esforzos coa Comunidade de Montes de Domaio e con todos aqueles colectivos que queiran parar esta nova agresión nos nosos montes.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s