Os propietarios dos terreos dos parques eólicos tan só reciben un 1,4% da súa facturación

Non é só que a propiedade do vento galego estea fóra de Galicia, senón que os parques eólicos deixan unha escasísima renda no medio rural do país. Os propietarios dos montes onde se asentan estes parques perciben un 1,4% da facturación total destas instalacións nos seus terreos. Así se desprende dun estudo do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (Gieea) da Universidade de Vigo, que analiza o impacto económico e social destas infraestruturas no campo galego.

O estudo do Gieea, financiado pola Fundación Juana de Vega, conclúe que os propietarios dos terreos apenas percibiron no ano 2009 e de media o 1,42% en concepto de aluguer do total da facturación dos parques. O informe achega unha base de datos que recolle, por un lado, os pagos anuais que as promotoras eólicas fan aos propietarios e os datos de facturación de cada parque. Logo de facer os cálculos globais e comparar a facturación bruta dos parques eólicos e as rendas percibidas, o estudo estima unha facturación total de case 614 millóns de euros, mentres que as rendas eólicas que quedaron en mans dos propietarios dos montes non superaron os 9 millóns de euros. O resultado da división é claro: menos do 1,5% da facturación queda en mans dos donos dos terreos.  Ler máis.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s