A Plataforma en contra dunha nova antena nos Montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de presentar no rexistro da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha serie de comentarios ao Documento de Inicio da Avaliación Estratéxiva do Plan Sectorial de Infraestruturas da Xunta de Galicia xestionadas por RETEGAL que pretende, ademais de regularizar a maraña de antenas xa existentes nos altos do Faro de Domaio e de Coto do Home, instalar unha nova antena que parece estar segundo o propio documento no extremo do espazo natural que dá cara ao estreito de Rande e o LIC da Enseada de San Simón. A continuación reproducimos na súa integridade os comentarios presentados.

Estando a información pública a Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) do Plan Sectorial de Implantación e Desenvolvemento das Infraestruturas da Xunta de Galicia xestionadas por RETEGAL a través do Documento de Inicio, formula os seguintes COMENTARIOS;

  1. As infraestruturas de telecomunicacións contempladas neste Plan (complexos de antenas de radiofrecuencias de TV e de redes computerizadoras) a parte de afectar o solo onde se implantan, provocan un forte impacto paisaxístico polo seu grande volume (soportes metálicos e antenas), e emiten grandes cantidades de ondas electromagnéticas perxudiciais para o medio e a saúde das persoas.

  2. A infraestrutura RTGR36029_Moaña, presente no listado de infraestruturas previstas definidas (RTGR) está ubicada na zona de Outeiro da Carriza da parroquia moañesa de Domaio e está integrada dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogado de solo rústico de protección de espazos naturais polas NN CC e SS de Planeamento da provincia de Pontevedra.

  1. Viría sumarse ao impacto producido dentro tamén do mesmo espazo natural dos Montes do Morrazo pola existencia de outras tres infraestruturas nas proximidades, unha de RTVE no Alto de Monte Faro de Domaio (RTGA36029002_Domaio), e as de Chan de Arquiña e Coto do Home (omitidas neste Plan), ademais das liñas de alta tensión eléctrica existentes.

  2. Está dentro da área de protección do POL (Plan de Ordenación Litoral).

  3. Provocaría un impacto a maiores pola súa maior proximidade ao espazo natural protexido do LIC da Enseada de San Simón, pertencente á lista galega aprobada da Rede Natura 2000.

  4. Provocaría outro impacto tamén á poboación humana ao estar máis preto do núcleo de Domaio.

  5. A suposta existencia dunha maior demanda non pode xustificar un modelo de desenvolvemento especulativo e insustentábel, inducido polo interese economicista das grandes empresas privadas do sector das telecomunicacións ás que Retegal pretende alugar equipamento como operadoras. Na actualidade vivimos unha forte crise económica do sistema, mais non só, xa que tamén é unha crise enerxética e ambiental de desatrosas consecuencias a nivel global. É preciso un cambio urxente do modelo, e esta mudanza debe vir da man do decremento, do aforro e da eficiencia enerxética, feito contra o que atenta directamente este plan e a ampliación das infraestruturas existentes. Para alén do impacto ambiental pola instalación das propias antenas, promove unha maior utilización e dependencia da poboación humana das redes de telecomunicacións. Provocando ademais un maior gasto enerxético e impacto ambiental polo proceso produtivo, uso e fase terminal de resíduo dos apartatos receptores (televisores e ordenadores), incluída a saúde humana (máis contaminación por ondas electromagnéticas, aculturización e danos psicolóxicos por dependencia das redes e aparatos receptores).

Polo exposto;

SUXIRE:

A retirada da infraestrutura RTGR36029_Moaña, presente no listado de infraestruturas previstas definidas (RTGR).

Que no resto das RTGR sexan tidas en conta a súa área natural de ubicación e a proximidade a núcleos de poboación, como a infraestrutura prevista no Concello de Bueu, preto do núcleo de Beluso e dentro da área de protección do espazo natural de Punta Udra catalogado como solo rústico de protección de espazos naturais polas NN CC e SS de Planeamento provinciais de Pontevedra e dentro así mesmo da área de protección do POL, onde tampouco se debería instalar.

Que as infraestruturas existentes (RTGA) sexan reguladas no principio de precaución e en medicións de corrección de impacto de contaminación electromagnética máis severas (a normativa estatal actual está totalmente obsoleta).

A retirada das áreas de localización preferente nas que se prevea a posíbel localización de infraestruturas de nova implantación (RTGN) dentro de espazos naturais protexidos (LIC, ZEPA, ZEPVN, Parque Natural e Reserva da Biosfera).

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s