Marcha contra Ence este sábado 2 de xuño

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu apoio á marcha organizada un anos máis pola Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra contra a presenza do complexo industrial ENCE-ELNOSA na ría e fai un chamamento á participación de toda a veciñanza na mesma o vindeiro sábado 2 de xuño con saída ás 19:30 das alamedas de Pontevedra e Marín.

Despois de décadas de verquidos contaminantes, demostrados a nivel xudicial no pasado e que novas leis europeas tamén demostrarán no inmediato futuro, de actividades molestas, nocivas e insalubres para a saúde humana, e da invasión do dominio público marítimo-terrestre na ría de Pontevedra, contravindo a propia Lei de Costas, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo oponse a que este complexo industrial siga permanecendo na súa actual ubicación en Lourizán.

Denunciamos así mesmo as dilacións e o compadreo político que igual ou peor que gobernos anteriores están a ter os actuais gobernos políticos do PP na Xunta e no Estado co lobbie empresarial, concedendo máis autorizacións ambientais para que a empresa siga máis tempo na súa actual ubicación cando por lei xa tería que estar fóra ou cando menos desmontando as súas instalacións e non esperar ao 2018 para levalo a cabo.

No entanto, máis alá desta grave problemática tamén queremos denunciar que detrás de dita actividade industrial está a invasión do eucalipto nos nosos montes dende que a citada empresa se instalou na actual ubicación hai cinco décadas, pois temos que lembrar que esa especie forestal é a utilizada por ENCE para a fabricación de pasta de papel.

O espazo natural dos Montes do Morrazo, como a maioría dos montes do litoral galego, onde mellor se adapta o eucalipto dado o carácter ácido do solo e a alta pluviosidade, non ficou alleo a esta problemática, e dende aquela víu sofrer unha merma na súa biodiversidade e perda hídrica no seu solo ademais dun incremento no número de lumes e de superficie queimada polo carácter propagador dos lumes do eucalipto como especie pirófita.

A todo isto hai que lle engadir a aparición e espallamento do gurgullo, parasito do eucalipto, Gonipterus scutellatus, cuxo control biolóxico foi un frascaso, a patronal pasteira ASPAPEL, onde está integrada asi mesmo ENCE, está promover actualmente a súa fumigación aérea e masiva cun produto químico, Cascade, que ten unha substancia, Flufenoxuron, que xa foi catalogado como nocivo para a saúde humana e o medio ambiente pola UE, e que de feito vai ser prohibida a súa comercialización a partir do vindeiro 1 de agosto.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo na marcha contra Ence do ano 2011

Estas fumigacións afectan moi negativamente á vida das abellas, outros insectos, fauna insectívora, medio acuático e á propia saúde humana a través dos alimentos ou por inhalación. As fumigacións estanse a levar a cabo en grande parte do litoral galego con eucaliptal afectado, e tamén están programadas no espazo natural dos Montes do Morrazo e outras áreas naturais da comarca ás a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo nos opoñemos.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo demanda o desmantelamento inmediato de ENCE-ELNOSA da súa actual ubicación no dominio público marítimo-terrestre na ría de Pontevedra, a recuperación da ribeira do mar e da vida e produción mariña, a substitución do eucalipto por outra especies forestais e frondosas menos dañinas para os montes, e unha reorganización da xestión forestal baseada na prevención, multifuncionalidade e a diversidade produtiva do monte, o seu uso social e cultural, como solución ao actual abandono, xerando postos de emprego respectuosos co noso medio.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s