Manifestación contra as fumigacións

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu apoio á manifestación deste 10 de xuño, con saída ás 12 da alameda de Compostela, convocada pola Plataforma Contra as Fumigacións, e fai un chamamento á participación de toda a cidadanía na mesma.

O flufenoxurón é o principio activo do Cascade, nome comercial do insecticida que se está a utilizar, co beneplácito da Xunta de Galicia, nas fumigacións de plantacións de eucalipto para loitar contra a plaga do gurgullo que sofren estas árbores foráneas e pirófitas.

Este produto mata as larvas de abellas e outros insectos, contamina acuíferos, afecta a anfibios e aves, é absorbido polos cogumelos e pode chegar a entrar na cadea trófica dos humanos. É perigoso para o medio ambiente e para a saúde das persoas, xa que ten efecto acumulativo. De tal xeito que na Unión Europea prohibiron a súa comercialización a partir do 1 de Agosto de 2012 por consideralo moi tóxico.

Alén diso, este pesticida leva unha substancia que actúa como axente fixador para que a chuvia non o lave. Esta sustancia é parafina ou un derivado, polo que incrementa o risco de incendio. A propia folla de seguridade do produto indica que moi combustibel.

Como xa informamos no seu momento os Montes do Morrazo e polo tanto as poboacións dos arredores deste espazo natural tamén se poderían ver afectadas polas fumigacións proxectadas, xa que no 60% dos casos das fumigacións aéreas adoitan cair fóra e a kilómetros dos seus obxectivos. Neste caso os núcleos con máis poboación dentro das áreas de fumigación serían os de Lourizán, Marín, San Xián, Mogor, O Campo, Piñeiro, San Adrián, Santa Cristina de Cobres, Bértola ou Figueirido e os máis directamente afectados serían os núcleos rurais da Pastoriza, Miñán, Silvestre, Allariz, O Pereiro, Pardavila, San Lourenzo, Carballido, Sobreira, Vilar ou Postemirón, preto dos montes e con plantacións de eucaliptos polos seus arredores, que non foron tidos en conta pola cartografía das áreasafectadas. Por proximidade tamén se poderían ver afectados perifericamente os núcleos de Ardán, Seixo, Cela, Meira e Domaio.

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s