Enel Power Green segue coa tramitación do parque eólico

A empresa Enel Green Power aclarou esta mesma semana que a ausencia de novas sobre o parque eólico que proxecta construir nos montes de Domaio e, aínda que en menor medida, incluíndo tamén a parte alta dos concellos de Vilaboa e Marín, non quere dicir, nin moito menos, que paralizara os suus plans. No entanto, e  aínda que mantén que está cumprimentando todos os procedementos legais para instalar un polígono en O Morrazo, non conta con data para comezar as obras. Dun xeito similar se pronuncian desde a Consellería de Economía e Industria, indicando que este parque eólico segue en tramitación, sen que se produza ningunha variación con respecto a súa estrutura prevista. Nestes momentos só restaría sometelo a información pública, periodo no cal se poderían presentar alegacións. Iso si, tampouco hai data prevista para dar este paso.  O polémico proxecto, pois diversos colectivos denuncian que se levante no espazo protexido pola figura “Montes do Morrazo”, terá unha capacidade para xerar 42 megavatios e contempla a instalación de 14 aeroxeneradores de 170 metros de altura e 112 de diámetro. A compañía, de orixe italiana, conta xa cunha veintena de parques eólicos en toda Galicia e, sumándolle as súas minicentrais hidroeléctricas, agora mesmo ten capacidade para producir 464 MW  na comunidade. Un dos capítulos que despertan máis recelos entre comuneiros e ecoloxistas pasa polos traballos para instalar o parque, que implican movementos de terras e a apertura de varios kilómetros de novos viais. Unha vez instalado ocuparía unhas 600 hectáreas de superficie. Máis dunha decena dos muíños de vento ubicarianse, total ou parcialmente, en territorio do termo municipal de Moaña.

Fonte: Faro de Vigo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s