Enel coacciona as comunidades de montes do Morrazo sen estar tramitada a exposición pública do parque eólico de Pedras Negras

A multinacional italiana Enel a través da súa filial Enel Green Power España, coa compricidade da Xunta de Galicia e sen estar tramitada a exposición pública do proxecto está a presionar as comunidades de montes afectadas para que acepten unha compensación económica polos prexuízos que conlevaría a ocupación e construción do parque eólico de Pedras Negras dentro dos seus dominios no espazo natural dos Montes do Morrazo, o que entendemos como unha forma de coaccionamento consentido e compartido pola propia administración autonómica.

Coincidindo co recurso de inconstitucionalidade que a Xunta interpuxo contra o decreto estatal que suprimiu as primas ás enerxías renovábeis, estase a manobrar por parte da patronal eólica para que o concurso eólico galego aprobado polo anterior goberno autonómico teña mellor saída ante a súa paralización actual.

Lonxe de facelo polos supostos beneficios ambientais e sociais que a realización dese concurso teoricamente produciría, só se trata dunha estrataxema das empresas do sector para intentar rendibilizar economicamente os proxectos, dando fiel ejemplo de que o que realmente lles interesa é basicamente recuperar as subvencións que con fondos públicos lles reportaba a Administración ata hai pouco.

O concurso eólico aprobado pola Xunta no 2010 (o que deseñara o goberno bipartito anterior tampouco se quedaba atrás) e que promove a asignación de 2325 MW de potencia de novos parques no territorio galego, onde está asimesmo integrado o de Pedras Negras, carece de toda lóxica e sostibilidade ambiental xa que as áreas con maior potencialidade eólica xa están cubertas. Emana dun plan iniciado hai 15 anos que pretende inzar de muíños de vento a práctica totalidade do territorio galego a costa dos nosos montes e das nosas serras.

As áreas coa maior potencialidade donde se construíron parques eólicos sufriron un enorme impacto ambiental, que viñeron demostrar que a construción de parques eólicos provocan serios danos ao medio ambiente e á paisaxe, máximo cando se trata de espazos naturais de grande valor, como pasou con moitas das serras costeiras e do interior de Galicia (Xistral, Capelada, Barbanza, Suído, Candán, Costa da Morte,…).Grande parte da enerxía que se produce neses parques eólicos non se consume aquí senón que complementa a rede eléctrica e exportase ao resto do Estado.

Os parques eólicos xeran moi poucos postos de emprego xa que unha vez construídos están automatizados e polo contrario perxudican a outros sectores que necesitan tamén dos recursos naturais, por exemplo o forestal.

Pódese incrementar a potencia eólica actual sen ter porque construír novos parques, modernizando e repotenciando os xa existentes. O mesmo que se poden instalar modestas infraestruturas eólicas preto dos núcleos residenciais sen ter porque contruír máis parques eólicos nos espazos naturais.

Necesítase complementar a enerxía eólica con outras renovábeis, como a solar sen apenas implantación no territorio galego.

As empresas máis importantes que adoitan copar as asignacións dos concursos eólicos, como a Enel (que ademais controla o 92% das accións de Endesa), son as mesmas que dentro do sector enerxético adoitan xestionar tamén as altamente contaminantes nucleares ou térmicas. E son as mesmas que posúen o monopolio, onde utilizan o seu poderío económico para vetar calquera outro modelo de xestión.

As enerxías renovábeis nunca substituirán as contaminantes e esquilmadoras fóseis mentres se siga co mesmo modelo insustentábel de desenvolvemento e consumo actual, sendo tamén directas responsábeis cos seus intereses as citadas empresas do sector enerxético. Ante isto, e tendo en conta que Galicia  tamén é consumidora e despilfarradora de enerxía que provén desas fontes contaminantes a nivel planetario, é fundamental que se leven a cabo verdadeiras campañas de aforro e eficiencia enerxéticas e que se lle retire o monopolio da produción e a comercialización a estas grandes empresas.

Lembramos que o proxecto eólico de Pedras Negras segundo o exposto no Documento de Inicio de Procedemento de Avaliación de Impacto Ambiental supoñía cunha potencia de 42 MW, a instalación de 14 aeroxeneradores de 119 metros de altura de buxe e 112 metros de diámetro de rotor e ocupación dunha explanada de 17×17 metros de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novos viais e ampliación en ancho de pistas forestais existentes, que en total suman 17.302 metros lineais de viais entre os de acceso e interiores, 15.702 metros de gabias para instalación de cableado eléctrico e de comunicacións e unha subestación eléctrica, afectando a patrimonio natural, arqueolóxico e socioeconómico de grande valor paisaxístico e ambiental entre os 450 e os 600 metros de altitude sobre o nivel do mar das áreas naturais de Monte Formigoso, serra Domego, Coto do Home, Pedras Negras e Serra Basil, que pasan por ser as zonas máis altas da comarca, pertencentes ao espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas NN CC e SS de Planeamento da provincia Pontevedra, onde segundo a súa normativa non están permitidos os usos industriais.

O estudo do proxecto abranguía unha superficie moito mayor, arredor de 4300 Has., que afectaba á parte da práctica totalidade do espazo natural dos Montes do Morrazo, tamén a unha parte do espazo natural do Carballal de Coiro, catalogado así mesmo como solo rústico de especial protección de espazos naturais a nivel provincial.

Na fase de consulta de avaliación de impacto ambiental dese Documento levada a cabo en setembro do ano pasado pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xa se solicitou o seu rexeitamento e a alternativa 0 (que non se faga ningún parque eólico).

Para completar a tramitación fáltalle a exposición pública do proxecto e a correspondente fase de alegacións, como está a suceder con outros dos proxectos de parques incluídos no mesmo concurso eólico galego (por exemplo o da serra do Galiñeiro). Mais polo que está sucedendo e de xeito totalmente arbitrario e coaccionante con este proxecto, os intereses económicos das empresas privadas van por enriba dos trámites administrativos, especulando co territorio ao seu antollo e convertindo en auténtica farsa o pouco espazo de participación que a administración pública nos deixa.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vai seguir coa súa oposición ao parque eólico malia estas prácticas caciquís das que corresponsabiliza ao goberno autonómico entrante e herdeiro do anterior do PP.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s