Comunicado: PARQUE EÓLICO DE PEDRAS NEGRAS NON!!!

Despois do anuncio de información pública do proxecto de parque eólico de Pedras Negras e do saído en relación co mesmo nos medios de comunicación esta semana queremos salientar:

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo somos unha organización de colectivos e veciños/as non só críticos senón, na realidade, contrarios/as frontalmente á instalación do parque eólico.

A maioría das afeccións extraídas na prensa do proxecto actualmente en exposición pública (área de lecer e mámoa de Chan de arquiña, mámoas de Chan de Fonteseca e Lagucheiros, petróglifo de Outeiro do Gorgullo, nacementos de regos, paisaxe,…) xa llas fixeramos dar a entender en setembro do ano pasado á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na fase de consulta do Documento de Inicio da avaliación de impacto ambiental do proxecto, que na síntese segue a ser o mesmo que agora se expón a información pública (14 aeroxeneradores de 119 metros de altura de buxe por 112 metros de diámetro de rotor e ocupación dunha explanada de 17×17 metros de superficie por cada aeroxenerador, a apertura de novos viais e ampliación en ancho de pistas forestais existentes, que en total suman 17.302 metros lineais de viais entre os de acceso e interiores, 15.702 metros de gabias para instalación de cableado eléctrico e de comunicacións e unha subestación eléctrica).

Aqueles comentarios feitos foron presentados non para intentar minimizar o impacto senón para rexeitar de pleno o proxecto como así fixemos solicitando finalmente o seu rexeitamento e a alternativa 0 (que non se faga ningún parque eólico), e que imos voltar facer agora con alegacións e con máis argumentos.

No canto que segundo o proxecto plantésaxe a mellora da área de lecer de Chan de Arquiña e do firme do vial de acceso, a posibilidade de propoñer á Dirección Xeral de Patrimonio actuacións co fin de mellorar o aspecto dos xacementos arqueolóxicos, son facetas que lles corresponde por lei e con fondos públicos ás distintas administracións públicas e comunidades de montes competentes e non da man dunha empresa privada e a costa de afectar todo o entorno con pistas, gabias, aeroxeneradores, unha subestación eléctrica e cableados.

E no de realizar rotas de sendeirismo e bicicleta, outro tanto do mesmo, do que ademais temos que resaltar que xa existe un sendeiro de Bicis Todo Terreo de Marín que ademais sería directamente afectado.

Para nada se falou nesas redaccións do grande impacto acústico que producen as pás dos aeroxeneradores en movemento, da elevada mortandade de aves pola súa forza centrífuga, das interferencias nas ondas electromagnéticas nunha zona con alta presenza de antenas de telecomunicacións, da cercanía do parque ao Lugar de Importacia Comunitaria da Enseada de San Simón, do perxuízo que conleva a nivel da xestión forestal coa imposibilidade de reforestar na ubicación dos aeroxeneradores en liña, da imposibilidade da práctica social e deportiva do parapente con punto de despegue e área de voo actual nas zonas afectadas, do impacto paisaxístico nas zonas máis altas dunha península entre dúas rías e que por engadido quedaría rodeado por dous parques eólicos máis no Monte Castrove e na Serra do Galiñeiro co que o impacto na paisaxe sería contínua, …, dentro dunha comunidade autónoma con excedencia en produción de electricidade, onde grande parte dela, incluída a eólica, é exportada para fóra da Galiza, onde as áreas de máximo potencial eólico xa foron explotadas cun enorme impacto ambiental para o territorio, dándose a demostrar que unha cousa é o beneficio do vento como fonte de enerxía renovable e outra moi distinta o elevado impacto da construcción dos parques eólicos, e onde non se están levar a cabo políticas efectivas de aforro e eficiencia enerxética malia ser Galiza unha comunidade autónoma despilfarradora.

E de que a italiana Enel, como promotora do parque eólico, é a que controla o 92% das accións de Endesa, e é das grandes empresas multinacionais que dentro do sector enerxético xestionan tamén as altamente contaminantes centrais nucleares ou térmicas que xunto coas hidroeléctricas son onde sacan a maioría da produción da electricidade, e no caso da enerxía eólica, de moita menor produción e de imposible suplantación das outras dados os insustentables índices de consumo enerxético actuais, o que máis lles interesa é especular co movemento de capital que supón as primas con fondos públicos.

Despois de instalado o parque eólico a xeneración de postos de emprego no seu mantemento é moi limitado, dado que a súa xestión é automatizada e informatizada, todo o contrario do que á inversa perxudica a nivel da xestión ambiental, forestal e agrogandeira coa ocupación e privatización dos terreos.

Estamos en contra da industrialización e impacto ambiental, social, económico e cultural que suporía este proxecto de parque eólico para as zonas afectadas (Monte Formigoso, serra Domego, Coto do Home, Pedras Negras e Serra Basil) dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo.

A Plataforma alén de elaborar alegacións, tanto colectivas como individuais, vai promover mobilizacións sociais contra o proxecto, tales como un novo roteiro reivindicativo polas zonas afectadas, charlas e postos informativos de recollida de alegacións, visualización social opositora,… do que ademais vai intentar sumar colectivos sociais e veciñais a nivel comarcal nesta loita contra o xigante dos muíños.

Por outra banda, en solidariedade  cos colectivos sociais que se opoñen ao parque eólico na Serra do Galiñeiro a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apresentou diante da Consellaría de Economía e Industria da Xunta de Galiza a alegación xenérica elaborada pola Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro.

Advertisements

3 Comentarios

Arquivado en Uncategorized

3 respostas a “Comunicado: PARQUE EÓLICO DE PEDRAS NEGRAS NON!!!

  1. Mariano

    La gente que se opone al parque eólico de la Serra do Galiñeiro, lo están haciendo muy bien. Me consta que ya hay contactos entre las plataformas, pero sería cuestión de entrar en contacto más estrecho con ellos y además de copiar sus métodos de acción colectiva, tomar como ejemplo sus alegaciones (las públicas y las menos públicas), que en muchos casos utilizan argumentos perfectamente válidos para O Morrazo

  2. Mariano

    Si no se publica el anuncio en el DOG, el acto administrativo puede ser nulo. No encuentro en el DOG el anuncio de la información pública. ¿Dónde ha salido anunciada dicha exposición?

  3. Pingback: 2012.12.01. Parque eólico do Morrazo « Coordinadora d'Estudis Eòlics del Comtat

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s