Roteiro contra o parque eólico. Domingo 16 de decembro ás 11.

2º ROTEIRO MORRAZO_ Cartad - folleto_Revisado_Page_1

ROTEIRO CONTRA O PARQUE EÓLICO NO MORRAZO

 A  Plataforma en defensa dos Montes do Morrazo organiza un novo roteiro contra o proxecto de parque eólico en Pedras Negras que pretende levar adiante a multinacional italiana Enel GreenPower España.

 Sairá ás 11h. o próximo domingo 16 de decembro desde a área recreativa de Chan de Arquiña e percorrerá parte das zonas onde pretenden instalar os 14 aeroxeradores, 2 estacións metereolóxicas e 1 subestación eléctrica. A duración aproximada será de 2 horas e recomendase levar roupa e calzado axeitado.

 Comprobaremos sobre o terreo as consecuencias de este proxecto que será visíbel desde as rías de Vigo e Pontevedra, as serras do Barbanza e o Salnés, as serras da dorsal galega e do sur da provincia até o Parque Nacional da Illas Atlánticas.

 Estamos ante un espazo natural  catalogado e protexido polas normas urbanísticas provinciais, que forma parte dos Montes do Morrazo. Esta normativa prohibe explicitamente calquera tipo de instalación ou construción industrial.

 Unha das principais afectacións producirase nas brañas de Corno Pineda e de Monte Sobreira, inscritas no Rexistros Xeral de Humedais de Galiza. Nos nacementos dos regos Neibó, da Fraga, Libón, Miñouva e Riomaior, e captacións de augas veciñais de Moaña e Vilaboa.

 Os ruídos, as radiacións electromagnéticas e as interferencias en radio e televisión provocadas pola actividade dos aeroxeradores  poden afectar aos  núcleos rurais de poboación como Sobreira e San Lourenzo, situados a menos dun quilómetro, e Carballido, Verdeal, Domaio, Pastoriza e Miñán, situados a menos de dous quilómetros.

 Outra das riquezas da zona son o gran número de xacementos  arqueolóxicos, destacando entre eles a mámoa de Chan de Arquiña, declarada Ben de Interese Cultural. Outras mámoas e petróglifos tamén serían afectadas na fase de construción, como recoñece a propia empresa na documentación en exposición pública, de xeito severo.

 E outra, a natural con especies de fauna e flora salvaxe, algunhas protexidas por ser endemismos, estar ameazadas ou en perigo de extinción, e hábitats de interese comunitario, que en conxunto fan a función dun corredor ecolóxico á beira do Espazo Natural Protexido do LIC da Enseada de San Simón, onde os aeroxeradores instalados e en funcionamento suporían ademais un gran impacto paisaxístico e ambiental, pola cercanía e a elevada mortandade mais a interferencia nas rutas migratorias que solen provocar nas aves.

 Conta a nivel social co apoio do movemento ecoloxista, veciñal, cultural, deportivo, comunidades de montes,… porque directa e indirectamente somos afectad@s tod@s.

 

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s