O pleno municipal de Marín rexeita o parque eólico de Pedras Negras no Morrazo

No pleno municipal do concello de Marín, celebrado este luns 17 de decembro, aprobouse a moción presentada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitando da corporación municipal un posicionamento contrario aoproxecto de parque eólico presentado por Enel Green Power España e actualmente en fase de exposición pública. Solicitábamos, ademais, que se fixera chegar esta decisión á Xunta de Galiza para que definitivamente este proxecto non se leve adiante.

Esta moción foi presentada con carácter de urxencia, polo tanto non figuraba na orde do día, polo grupo municipal de Mar-In. Despois do debate a moción contou cos votos a favor de Mar-In, BNG e PSOE e a abstención do PP.

Consideramos positivo este acordo que se vén sumar ao rexeitamento feito público en días pasados polas comunidades de montes do Morrazo e do concello de Moaña, onde hoxe se reúne a comisión de urbanismo cunha representación dos colectivos opositores ao parque eólico para solicitar un pleno extraordinario que solicite a retirada do proxecto e do plano sectorial e reserva eólica do Morrazo.

Podemos considerar que a oposición ao parque eólico é unánime entre os concellos, asociacións e colectivos do Morrazo, e polo tanto reiteramos a nosa demanda á Xunta de Galiza da retirada deste proxecto.

Pódese ver máis información sobre o ocorrido no pleno no blogue de “Defende o Pituco”

ALEGACIÓN CONTRA A DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PARQUE EÓLICO DE PEDRAS NEGRAS

Por outra banda, onte a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apresentou no concello de Marín a súa alegación contra a declaración de utilidade pública do parque eólico de Pedras Negras.

Entendemos na Plataforma dos Montes do Morrazo que debe predominar a economía pública sobre a privada e que polo tanto ao ser, o parque eólico, unha actividade privada e con ánimo de lucro non se valoran axeitadamente os efectos negativos sobre o medio e a súa contorna. Consideramos que é preciso manter os recursos que son máis rendíbeis dende un punto de vista social, que non inclúe exclusivamante os beneficios monetarios senón que se debe abarcar un concepto máis amplo, o benestar da sociedade que ten os dereitos de propiedade sobre os recursos que se xestionan.

ÁREA DE RESERVA EÓLICA DO MORRAZO (ADE)

Queremos informar tamén da ÁREA DE RESERVA EÓLICA DO MORRAZO (ADE) que consta no proxecto presentado por Enel Green Power España, e que está incluída no Plan Sectorial Eólico de Galicia.

Esta área abrangue unha superficie en forma de triángulo de 4300 Ha., onde ademais dos 14 aeroxeradores previstos, están planificadas como alternativas 18 máis, o que aumentaría a afectación ao concello de Bueu e a zonas tan importantes como Cotorrendondo.

A distribución das alternativas sería a seguinte:

  • 15 aeroxeradores máis distribuídos polos altos da Encavada, Outeiro da Graña, Castiñeiras, Outeiro dos Asubións, Cotorredondo, Monte das Barreiras, Outeiro da Carballosa, Agudelo e Monte do Grilo que afectarían á práctica totalidade do Espazo Natural dos Montes do Morrazo

  • 3 Aeroxeradores máis distribuídos polos altos de Outeiro da Paralaia e Chans de Ermelo.

Advertisements

1 comentario

Arquivado en Uncategorized

Unha resposta a “O pleno municipal de Marín rexeita o parque eólico de Pedras Negras no Morrazo

  1. Pingback: SATISFACCIÓN DA PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s