Ante o gran apoio social contra o parque eólico demandamos da Xunta a súa retirada

Desde a Plataforma en defensa dos montes do Morrazo demandamos da Xunta de Galiza a retirada do proxecto de parque eólico de Pedras Negras que a multinacional italiana Enel Green España pretende instalar no Morrazo. A nosa demanda conta cun respaldo social e institucional practicamente unánime, cun posicionamento plenario e sen oposición de ningún partido político dos concellos do Morrazo.

A Xunta ten que escoitar os acordos plenarios, os posicionamentos de asociacións, as numerosas alegacións preCHARLA-22-DE-XANEIROsentadas por particulares e debe retirar este proxecto, que supón unha agresión sen precedentes ao noso medio ambiente.

Tamén debe ter en conta que a zona escollida, os Montes do Morrazo, están protexidos polas Normas Subsidiarias Provinciais. Cando se protexe un territorio é por que ten un valor paisaxístico, ambiental e ecolóxico e máis cando limita coa Enseada de San Simón, unha zona de protección de aves. Está encravado no centro das Rías Baixas e á vista do Camiño de Santiago. Concretamente, e como recoñece a propia empresa no estudo de impacto, o parque eólico de Pedras Negras vai ser visíbel desde o tramo do Camiño de Santiago que pasa por Padrón. Os 14 aeroxeradores proxectados, cunha altura total de 175 metros (119 de fuste e 112 de diámetro de rotor) son máis altos que a ponte de Rande.

Para avaliar o impacto visual non podemos ter en conta só o do parque eólico previsto no Morrazo, hai que lle sumar o dos parques previstos na Serra do Galiñeiro (Vigo e concellos limítrofes), no Monte Castrove (na península do Salnés), e sumar os  provocados polos parques eólicos existentes no Barbanza.

Desde a Plataforma en defensa dos montes do Morrazo congratulámonos do apoio das institucións, e das organizacións políticas que as forman, durante este período que se iniciou de exposición pública do parque eólico. Un apoio que botamos de menos durante a anterior fase de consulta sobre a avaliación de impacto ambiental que se realizou no ano 2011.

A Plataforma, desde que tivo coñecemento das intencións de Enel Green de instalar o parque eólico en Pedras Negras, fixo todo o posíbel por dar a coñecelas facendo público o que tiñan que facer as administracións. A Xunta de Galiza, e a empresa, non fixeron nada por dar a coñecer á opinión pública o proxecto. Mesmamente, temos que denunciar, na actual exposición pública a información que hai nos concellos de Marín, Moaña e Vilaboa en soporte informático é distinta en cada concello, o que dá lugar a un descoñecemento real e crea confusión para as persoas que se achegan a consultalo.

Reiteramos que instalar un parque eólico no Morrazo, na zona máis alta da península, é un atentado ecolóxico, paisaxístico e económico, e pedimos a súa retirada.

Advertisements

Deixar un comentario

Xaneiro 17, 2013 · 4:05 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s