A PLATAFORMA EN DEFENSA DOS MONTES DO MORRAZO CONTRA A MINA DE CORCOESTO

corcoestoA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo (PDMM) apoia a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños que organiza este vindeiro domingo 14 de abril a partir das 12 h. en Carballo a manifestación “por un aire puro, sen arsénico nin cianuro, NON á mina de Corcoesto” e manifesta a súa total oposición ao proxecto mineiro a ceo aberto para extracción de ouro que pretende levar a cabo a multinacional canadense Edgewater Exploration Ltd. nos concellos de Cabana, Ponteceso e Coristanco da comarca de Bergantiños.

O proxecto de Corcoesto é o paradigma do modelo de minaría globalizadora, espoliadora e destrutora do medio. As explotacións a ceo aberto supoñen unha forte alteración da paisaxe, a destrución irreversíbel do solo e a contaminación acústica, atmosférica e hidrolóxica á que ademais, no caso de Corcoesto, hai que lle engadir a ameaza da produción por lixiviado de grandes cantidades de lodos cianurados altamente tóxicos. No pasado outras explotacións na zona xa provocaron altas cantidades de arsénico  nas augas, tóxicas para o medio natural e para a saúde humana.

Cómpre lembrar que existen máis de 520 explotacións mineiras aínda activas, e que os permisos de exploracións abranguen máis do 50% do territorio galego, sendo o de Corcoesto só un dos moitos proxectos mineiros que as empresas do sector, malia a súa situación de crise financeira e insustentabilidade, seguen a proxectar por todo o territorio coa complicidade da administración autonómica.

Entre eles están os proxectos de investigación mineira dentro dos denominados terreos francos ou rexistrábeis que non parecen ter data definitiva de caducidade e que son a antesala de canteiras a ceo aberto coma os de granito ornamental a nome de Miñán e Os Pedrouzos que ao igual que os permisos de exploración de recursos xeotérmicos Caldelas Norte e Caldelas Sur están previstos na actualidade no espazo natural dos Montes do Morrazo pola Xunta a través da Consellaría de Economía e Industria.

Estes proxectos pretenden imporse como incidencia supramunicipal por enriba da catalagación vixente de solo rústico de especial proteción de espazos naturais a nivel provincial, reflexada tamén nas planificacións urbanísticas vixentes ou en trámite a nivel dos municipios afectados, que prohibe os usos residenciais e industriais.

A PDMM xa se posicionou en contra deses proxectos no espazo natural dos Montes do Morrazo pero mais alá de solicitar unha derrogación da Lei 22/1973, do 21 de xullo de Minaría que aínda rexe o sector e a Lei de 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa que implica a declaración automática de Ben de Utilidade Pública para as explotacións aprobadas, demanda a alternativa 0, ou sexa, a non extracción de máis recursos mineiros na Galiza considerando que o modelo máis sustentábel a seguir é a obtención de recursos e materias primas mediante a súa recuperación e reciclaxe, xunto co aforro e a autosuficiencia enerxética e o decrecemento.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s