A Plataforma rexeita a ampliación do corredor do Morrazo

A PDMM, ante a falla de resposta tanto ás alegacións presentadas en setembro do 2012 ao Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo como aos comentarios feitos á consulta sobre decisión de avaliación de impacto ambiental da ampliación do corredor presentados en agosto, rexeita a conversión do corredor en autovía polo enorme impacto ambiental e paisaxístico que provocará (por moito que o intenten ocultar) e considérao un grande gasto económico na situación en que estamos para unha infraestrutura que ademais non vai solucionar os problemas para os que na teoría está proxectada.
Asimesmo, consideramos pouco serio que se faga a trozos e que en principio en 3,25 kilómetros desde Rande remate na rotonda de Domaio aviada a unha máis que segura infrautilización.
A Xunta non pode ocultar que con esa fase vaise afectar outra vez á área de protección do castro de Montealegre, que o segundo viaduto vaise achegar máis á Poza da Moura e que en xeral o impacto vai ser grande con terreos en desnivel que, tanto en fase de obra como con posterioridade, vai ser visible no só desde Domaio senón desde boa parte da ría e donde non se ten en conta o incremento do impacto acústico e atmosférico preto do LIC da Enseada de San Simón. A única beneficiada sería a empresa que se lle adxudique a súa construción.
A resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba o trazado defintivo dos once kilómetros da primeira fase até o enlace de Cangas é ilegal. Non leva a nova información pública un proxecto que contempla un 30% de modificación de trazado con respeto a como estaba proxectada. Tampouco se tivo dentro dunha xerarquía a inexistencia dun Plan Director de Estradas de Galicia e a Avaliación Ambiental Estratéxica do proxectado.
Outro tanto pasa en relación á aprobación do Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo cunha declaración de incidencia supramunicipal recurrible e que ademais non ten contido real pois as actuacións van centralizadas cara ó desdobramento do corredor en autovía quedando o resto como ficticio, tanto por falla de orzamentos como de ordeamento, con estradas menores que principalmente na costa non van poder soportar o incremento de tráfico que implicaría a construción da autovía e onde as circunvalacións urbanas están a ser tratadas como unha lotaría.
A PDMM aposta pola educación como corrección da inseguridade viaria e o transporte colectivo e de proximidades como alternativa de futuro ao colapso actual das estradas, produto dun modelo caro e insustentable de transporte a longas distancias e do automóbil privado.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s