A PDMM rexeita o polígono industrial da Cruz da Maceira

P1090658Diante das presións do alcalde de Moaña. J. Fervenza, para que o polígono industrial da Cruz da Maceira sexa incluído na aprobación definitiva do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), a PDMM quere manifestar unha vez máis o seu rexeitamento a dito polígono, xa que estaría ubicado íntegramente dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais a nivel provincial, onde non están autorizados os usos industriais.

O polígono que ocuparía unha superficie de 435.528m2, abranguendo as áreas naturais da Cruz da Maceira, Pozo de Maceira, Regadantes e Campo Labrado, xa foi incluído na tramitación inicial do PXOM de Moaña. A Secretaría Xeral de Urbanismo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xa o desestimou na aprobación parcial do Plan en xullo do 2011 ao igual que xa o fixera tamén noutros informes sectoriais previos, como un do 2005 cando estaba de conselleiro de Obras Públicas o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

A Xunta malia dalo como ilocalizable e por conseguinte coas piores puntuacións, incluiu o polígono posteriormente dentro do PSOAEG xunto co de Pastoriza coa denominación de parque empresarial Marín-Moaña de carácter supramunicipal. A PDMM e outros colectivos sociais solicitaron a súa retirada en marzo do 2012 na fase de información pública do citado Plan.

O polígono industrial da Cruz da Maceira ademais de non respectar a protección urbanística dos Montes do Morrazo estaría en terreos situados arredor dos 400 metros de altitude sobre o nivel do mar, cun grande desnivel, afectando a conca e área de ribeira de protección de dous nacementos do río da Fraga, a plantacións forestais, carballeiras e soutos de castiñeiros en monte comunal co que se fixo un convenio ilegal. Verianse afectados tamén o sendeiro GR-59 de longo percorrido do Morrazo e o sendeiro municipal do río da Fraga.

Tamén afectaría a nivel paisaxístico a base da profunda conca que conforma o río da Fraga entre os altos de Outeiro da Carballosa, Monte Formigoso e Monte Faro en dirección á ría de Vigo.

P1200122Este polígono estaría enriba do barrio da Fraga, un dos núcleos rurais mellor conservados de Moaña e do Morrazo que, xunto cos barrios de Broullón e A Paradela- no concello de Moaña- e Miñán, A Troncosa, Silvestre e Pardavila -no concello de Marín- terían que soportar o tránsito e os ruídos do transporte pesado nas vías de acceso ao polígono, a PO-313 Moaña-Marín, cuxa ampliación entre o corredor de alta capacidade do Morrazo e a variante de Marín xa foi rexeitada no seu momento pola veciñanza cando foi incluída no Plan Vigo Íntegra e agora de “tapadillo” tamén no Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo.

A PDMM alén de rexeitar o citado polígono demanda como alternativa que fronte ao criterio do 30% da demanda mínima para desenvolver un polígono que pretende a Xunta no PSOAEG se teña en consideración o deber de encher os polígonos existentes, xa que aínda non teñen todo o seu espazo ocupado (existen arredor de 1.500.000 m2 de parcelas sen ocupar na provincia segundo Xestur), e que o resto da oferta de solo empresarial e industrial, no caso de ser necesaria, se adapte á demanda real apostando por áreas municipais máis pequenas, cunha ocupación total de parcelas, fóra de espazos naturais e protexidos e cun menor impacto no medio.

A PDMM quere lembrar que xa existe outro proxecto de parque supramunicipal na comarca, o Parque Empresarial e Industrial do Morrazo (PEIM), proxectado cunha superficie de 412.238 m2 en Castiñeiras como ampliación do parque industrial existente en Bueu e incluído tamén na tramitación do PSOAEG.

O sábado 25 de maio a PDMM ten proxectado organizar un roteiro reivindicativo polas zonas afectadas polo parque empresarial Marín-Moaña na Cruz da Maceira e Pastoriza.

Diante das presións do alcalde de Moaña. J. Fervenza, para que o polígono industrial da Cruz da Maceira sexa incluído na aprobación definitiva do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG), a PDMM quere manifestar unha vez máis o seu rexeitamento a dito polígono, xa que estaría ubicado íntegramente dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais a nivel provincial, onde non están autorizados os usos industriais.

O polígono que ocuparía unha superficie de 435.528m2, abranguendo as áreas naturais da Cruz da Maceira, Pozo de Maceira, Regadantes e Campo Labrado, xa foi incluído na tramitación inicial do PXOM de Moaña. A Secretaría Xeral de Urbanismo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xa o desestimou na aprobación parcial do Plan en xullo do 2011 ao igual que xa o fixera tamén noutros informes sectoriais previos, como un do 2005 cando estaba de conselleiro de Obras Públicas o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

A Xunta malia dalo como ilocalizable e por conseguinte coas piores puntuacións, incluiu o polígono posteriormente dentro do PSOAEG xunto co de Pastoriza coa denominación de parque empresarial Marín-Moaña de carácter supramunicipal. A PDMM e outros colectivos sociais solicitaron a súa retirada en marzo do 2012 na fase de información pública do citado Plan.

O polígono industrial da Cruz da Maceira ademais de non respectar a protección urbanística dos Montes do Morrazo estaría en terreos situados arredor dos 400 metros de altitude sobre o nivel do mar, cun grande desnivel, afectando a conca e área de ribeira de protección de dous nacementos do río da Fraga, a plantacións forestais, carballeiras e soutos de castiñeiros en monte comunal co que se fixo un convenio ilegal. Verianse afectados tamén o sendeiro GR-59 de longo percorrido do Morrazo e o sendeiro municipal do río da Fraga.

Tamén afectaría a nivel paisaxístico a base da profunda conca que conforma o río da Fraga entre os altos de Outeiro da Carballosa, Monte Formigoso e Monte Faro en dirección á ría de Vigo.

Este polígono estaría enriba do barrio da Fraga, un dos núcleos rurais mellor conservados de Moaña e do Morrazo que, xunto cos barrios de Broullón e A Paradela- no concello de Moaña- e Miñán, A Troncosa, Silvestre e Pardavila -no concello de Marín- terían que soportar o tránsito e os ruídos do transporte pesado nas vías de acceso ao polígono, a PO-313 Moaña-Marín, cuxa ampliación entre o corredor de alta capacidade do Morrazo e a variante de Marín xa foi rexeitada no seu momento pola veciñanza cando foi incluída no Plan Vigo Íntegra e agora de “tapadillo” tamén no Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo.

A PDMM alén de rexeitar o citado polígono demanda como alternativa que fronte ao criterio do 30% da demanda mínima para desenvolver un polígono que pretende a Xunta no PSOAEG se teña en consideración o deber de encher os polígonos existentes, xa que aínda non teñen todo o seu espazo ocupado (existen arredor de 1.500.000 m2 de parcelas sen ocupar na provincia segundo Xestur), e que o resto da oferta de solo empresarial e industrial, no caso de ser necesaria, se adapte á demanda real apostando por áreas municipais máis pequenas, cunha ocupación total de parcelas, fóra de espazos naturais e protexidos e cun menor impacto no medio.

A PDMM quere lembrar que xa existe outro proxecto de parque supramunicipal na comarca, o Parque Empresarial e Industrial do Morrazo (PEIM), proxectado cunha superficie de 412.238 m2 en Castiñeiras como ampliación do parque industrial existente en Bueu e incluído tamén na tramitación do PSOAEG.

O sábado 25 de maio a PDMM ten proxectado organizar un roteiro reivindicativo polas zonas afectadas polo parque empresarial Marín-Moaña na Cruz da Maceira e Pastoriza.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s