Roteiro pola Cruz da Maceira e Pastoriza

 

CARTAZ-ROTEIROA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza este vindeiro domingo 16 de xuño un roteiro pola Cruz da Maceira e Pastoriza afectados por un proxecto de parque empresarial de carácter supramunicipal. A saída do roteiro, de dificultade media, será ás 10 da mañán desde a área recreativa de O Beque (A Fraga-Moaña) e chegada ao mesmo lugar ás 13h.

Percorrido: Pozo da Maceira, Cruz da Maceira, Pastoriza, Pedra da Pousa, río das Gorgadas, mámoa de Forno das Arcas, A Telleira, monte e capela de San Lourenzo, monte Furcos, Cruz da Maceira, Regadantes, O Beque.MAPA-ROTEIRO

Puntos de interese: áreas de ribeira de dous nacementos do río da Fraga, carballeiras e bosque mixto de Pozo da Maceira, núcleo rural de Pastoriza, área de ribeira do nacemento do río das Gorgadas con carballeiras, bidueiral e hábitat natural prioritario de matogueira, mámoa megalítica de Forno das Arcas, ruínas da capela de San Lourenzo do século XVII, áreas forestais de monte Furcos e Pedra da Pousa, carballeiras, soutos e bosque mixto de Regadantes.

Durante o roteiro percorreranse camiños e corredoiras, na súa maior parte, que forman parte do sendeiro municipal do Río da Fraga, do de curto percorrido de Ghans e do GR-59 de longo percorrido do Morrazo xunto con vías forestais e rurais.

Como chegar

Para chegar até as instalacións de O Beque hai que utilizar a PO-313 Marín-Moaña, desviarse pola EP-1102 á altura do miradoiro de A Paradela en dirección ó núcleo rural de A Fraga e coller finalmente o desvío en subida á esquerda pouco antes da Taberna A´de Lino.

Proxectos de polígonos

parque-empresarial-Marín-Moaña-(PSAEG)As zonas a visitar, malia estar integradas en chan rústico de especial protección de espazos naturais, forestal, de augas, patrimonial e de infraestruturas e en monte de propiedade comunal, están ameazadas por un proxecto de parque empresarial supramunicipal, entre os concellos de Moaña e Marín, que podería chegar a recualificar até 1.500.000m2 (1.152.021m2 en Pastorizae 435.528 m2 na Cruz da Maceira) con fortes desniveis arredor dos 400 metros de altura sobre o nivel do mar. O impacto ambiental e paisaxístico na conca que conforman os nacementos do río da Fraga (entre os altos do Cruceiro, Valadiño, Outeiro da Carballosa , Monte Formigoso e Monte Faro) e do río Gorgadas (afluente do Loira) sería irreversíbel.

Sendeiros peonís, de bici todo terreo catalogados e sinalizados xunto con elementos etnográficos, arqueolóxicos e os núcleos rurais da Pastoriza e A Fraga veríanse afectados pola construción do parque empresarial, impedindo este ademais o aproveitamento agrogandeiro, forestal e silvícola da zona á veciñanza.

Lonxe dos núcleos urbanos, os accesos ao polígono non serían doados e, xa que logo, precisaríase un acondicionamento da estrada PO-313 Marín-Moaña. Este acondicionamento afectaría ámbalas beiras en solo rústico igualmente protexido e a varios núcleos rurais (Pardavila, Silvestre, A Troncosa, Miñán, A Paradela e Broullón) entre a variante de Marín e o corredor de alta capacidade do Morrazo. A ocupación e expropiación necesarias para acondicionar estes accesos xa foron rexeitaods pola veciñanza cando este fou incluído no Plan Vigo Integra a finais da decada pasada. Alén disto tamén habería que ter en conta o aumento de contaminación acústica e atmosférica e o gasto enerxético polo hipotético incremento do tráfico rodado e pesado.

cartografia-parque-industrial-Cruz-da-Maceira-(PXOM-de-Moaña)Malia estar ubicado o polígono da Cruz da Maceira no espazo natural dos Montes do Morrazo, onde están prohibidos os usos industriais, e ser informado desfavorabelmente varias veces pola Xunta e incluso retirado da aprobación parcial do PXOM de Moaña foi incluída xunto co parque empresarial da Pastoriza, non incluído na aprobación definitiva do PXOM de Marín, nunha área empresarial de ámbito supramunicipal dentro da tramitación actual do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia.

 De se aprobar suporía que, a partir dun mínimo do 30% de ocupación, a clasificación dos terreos como solo industrial tería potestade legal sobre as distintas proteccións do chan rústico e mesmo a prevalencia dos usos do monte comunal.

Na actualidade e a nivel provincial hai precisamente arredor de 1.500.000 m2 de chan industrial baleiro en parcelas sen ocuparPEIM-Morrazo-(PSAEG) dentro de polígonos industriais existentes. Non hai ningunha seguridade de que a demanda de chan industrial aumente no futuro, existindo xa outro proxecto de parque supramunicipal a nivel comarcal que formaría parte da ampliación do parque industrial de Castiñeiras, entre Bueu e Cangas, que veu reducido o seu proxecto inicial a unha terceira parte pola falta de demanda.

A construción doutro proxecto empresarial nas zonas afectadas non resposta á demanda real de chan industrial senón á especulación urbanística coa compra de solo rústico a baixo prezo e unha vez máis a dunha ordenación irracional e insustentábel. A construción de moitos polígonos industriais non se corresponde en moitas ocasións coa instalación efectiva de industria ou coa xeración de postos de emprego promovidos.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s