Non á consolidación de Ence-Elnosa na ría. Manifestación 23 de novembro.

ENCEOs colectivos sociais de Marín, Almuinha, Anova Marín, Asociación Queremos Galego Marín, Colectivo Nacionalista de Marín e Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo que facemos parte da Plataforma 2018 chamamos a veciñanza da vila a participar este sábado, 23 de novembro, ás 19:30 na manifestación contra a consolidación do complexo Ence-Elnosa na ría.

A Plataforma 2018 que agrupa a máis de 30 colectivos sociais, nace na ría co obxectivo de impedir que Ence-Elnosa poda seguir en Lourizán máis alá do 2018. 2018 era a data, asumida pola maioría da poboación da ría, a partir da cal comezar a recuperación do espazo para o uso e goce de toda a cidadanía e a posta en marcha de actividades produtivas máis respectuosas co medio.

No entanto, estanse a dar nos últimos tempos unha serie de acontecementos que nos fan dubidar de que o 2018 sexa o ano en que por fin nos vexamos libres do noso “Prestige” de cada día. A decisión por parte da Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de deixar sen efecto a data de caducidade da Autorización Ambiental Integrada (AAI) de Elnosa a partir do 7 de xaneiro de 2014 xunto coa reforma da Lei de Costas fan pensar que a empresa en connivencia coa Xunta pretende consolidar o complexo pasteiro na ría máis alá do 2018.

Para alén de non ser unha fonte de emprego estábel nin de futuro, Ence constitue xunto cos recheos do porto un dos impedimentos para a mellora ambiental da nosa ría, mais tamén hipoteca o futuro económico e ecolóxico non só da comarca senón que compromete e pon en perigo a biodiversidade de toda Galiza. A instalación da empresa pasteira no ano 1957 conlevou unha política forestal que primou a plantación de eucalipto para abastecer de materia prima a empresa que mudou totalmente a paisaxe dos nos bosques.

Por todo isto, os colectivos de Marín da Plataforma 2018 chamamos a cidadanía a apoiar a manifestación que sairá da praza da Ferraría ás 19:30 este sábado 23 e amosarlle á Xunta e goberno central que non quere manter a Ence 75 anos máis na ría.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s