Diante das declaracións feitas a nivel mediático pola Consellería de Medio Rural e do Mar nas que di estar actuando na erradicación das pexas nos cabalos nos montes galegos, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo respondemos:
-
Non temos constancia a nivel oficial de que iso sexa certo xa que esa Consellería deu pola calada ante o escrito presentado por esta plataforma a rexistro o 23 de xullo de 2013 na Delegación Territorial en Pontevedra.
-
Dos 30 expedientes en tres anos que di ter abertos, de ser certo, non deixaría de ser unha cifra ridícula para todo o territorio galego. De entre eses expedientes abertos, e tendo en conta o arriba citado, tampouco sabemos si hai algúns correspondentes á utilización de pexas en cabalos nos montes do Morrazo, malia ser unha das zonas de Galicia onde máis se denuncian estas prácticas.
-
Si a Consellería ten un operativo propio e autoridade para realizar a comprobación da propiedade de animais, identificación e retirada das pexas, porque non o utiliza no concello de Marín no lugar da Agrupación Local de Protección Civil??
-
Os expedientes sancionadores, para concluir na realidade en sanción impositiva, teñen que ter unha resolución e asinada pola conselleira, do que tampouco temos constancia.
-
Si non se coñece a propiedade de moitos dos cabalos é porque non teñen identidade, ou sexa, fállalle o chip identificativo, feito do que a Xunta de Galicia está ser cómplice ao non facer cumprir de xeito estricto a normativa.
-
A proposta da Consellería de instar á cidadanía a denunciar estas prácticas é unha forma de eludir as súas propias e plenas competencias, cando a súa obriga debe ser xa de principio a de vixianza de campo diaria cos servizos de gardería de gandería ou mesmo forestal, senón tamén poden dispoñer do SEPRONA ou da policía autonómica, e conforme se fan controles nas estradas pola seguridade viaria tamén se poden facer nos montes pola saúde e a protección animal, que de bon seguro si o poñen en funcionamento uns cantos meses con regularidade, rematarían de feito co problema. O que non pode facer é que a cidadanía faga de vixiante e policía cada vez que saia a visitar os montes, porque non é a súa función nin se lle paga para elo.
-
A Xunta de Galicia, a traveso da Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha no ano 1996 un rexistro provisional de cabalos de pura raza galega a raíz do desenvolvemento da tramitación das axudas contempladas no Regulamento 2078/92/CEE. No ano 2005 o Concello de Moaña convocou a varios/as propietarios/as de tódolos concellos para regularizar a súa situación e que dita Consellería estendera aos montes do morrazo o rexistro de Pura Raza Cabalo Galego a traveso da constitución da Asociación do Cabalo Gagán, sempre que se comprometeran a deixar os cabalos ceibes. No ano 2009 varias comunidades de montes do Morrazo, das parroquias de Meira, San Adrián e Sto. Tomé de Piñeiro ofreceron até 60 has. de terreo para que os cabalos poideran pastar ceibes de pexas e coa pertinente identificación, mais só chegou para dar servizo a unha cuarta parte do total existente, sobre os douscentos. A triste realidade é que no 2014 o uso cruel e ilegal de pexas e cordas nas patas de cabalos sigue estando xeralizado nos Montes do Morrazo, e a maioría dos cabalos sin identificar malia ter propietarios/as.
Deixar unha resposta