Comunicado sobre os derrubamentos no corredor do Morrazo

P1540588Os derrubamentos rexistrados nas últimas semanas no talude do corredor de alta capacidade do Morrazo preto do enlace de Cangas, son tan só o último episodio dunha longa cadea de efectos negativos que arrastra este vial desde a súa posta en funcionamento, unha obra que nunca debeu realizarse, aforrando en impacto ambiental, colapsos viarios, accidentes e siniestralidade humana.

Situado nos montes de Moaña, a arredor dos 250 metros de altitude e entre varios nacentes da conca do rego do Inferno, por enriba do barrio da Xalde da parroquia moañesa de San Martiño, a afección das capas freáticas e a alteración da circulación das augas do subsolo, unido ao profundo corte en vertical de varias ducias de metros no terreo e a pouca consistencia do mesmo, parecen ser os principais responsables dos deslizamentos. A importancia da auga na zona tamén se fixo notoria cando a escasos metros dos derrubamentos tamén existe uns depósitos de traída privada e tubaría de canalización que igualmente se viron afectados.

Non é a primeira vez que se producen caídas do terreo nas proximidades do corredor, sendo unha constante cada ano, e o impacto é cada vez maior produto da forte erosión do terreo causado pola propia construción do corredor e as chuvas torrenciais que, como as deste inverno, rematan por facer fenda no solo nu e de aí a grande magnitude dos derrubamentos deste ano.

Os 400.000 euros que estima agora necesarios a Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio (CMATI) para arranxar os desperfectos do citado talude sumarianse aos gastados anteriormente por outros derrubamentos de taludes, a separación con medianeira e pivotes dos dous carrís ao longo dos 18 kilómetros do vial, e os 72 millóns de euros que custou construír o propio corredor, máis as labores anuais de mantemento e limpeza, co que implica un enorme gasto económico con fondos públicos.P1540590

A persistencia da CMATI en licitar o vindeiro ano e por treitos o proxecto de ampliación do corredor en autovía, só aumentaría aínda máis o gasto económico cunha obra que ten un orzamento total de 41,29 millóns de euros para 11,4 kilómetros de desdobramento, supoñendo ademais un novo e irreversible impacto para o territorio e a paisaxe, entre eles os pertencentes aos espazos naturais dos Montes do Morrazo e o Carballal de Coiro, afondando na problemática xeral actual, e agravando os problemas de tráfico xa que de xeito cíclico e acumulativo os colapsos viarios se producen porque as estradas menores da extensa rede comarcal non poden absorver o aumento de vehículos motorizados que se xera no corredor.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia que tanto o PP nos gobernos autonómico e municipais, máis o BNG e o PSOE na oposición, sigan apoiando o proxecto do desdobramento do corredor, sabendo que esa infraestrutura de transporte é insustentable, non só polos custes ambientais, sociais, culturais e económicos que implicaría, senón porque está baseado nun modelo de transporte de mobilidade a longas distancias, que favorece o uso e abuso do contaminante automóbil privado, a especulación urbanística e a masificación do turismo estacional, en detrimento do transporte de accesibilidade, o transporte colectivo e a mobilidade a nivel local dos/as que residimos no Morrazo os 365 días do ano.

Unha proba feaciente é que mentras por unha parte non se escatima en prever e prometer inversións para a ampliación do corredor, aínda que sexa por treitos, sen apenas orzamento real e incumprindo os plazos de execución, por outra, todo é renxer e reducir orzamentos cando se trata de fomentar o transporte colectivo, como está sucedendo coa tramitación do plan de transporte metropolitano, ou directamente non actuar, como está sucedendo co devalo e perda de liñas do transporte marítimo da ría produto da súa liberalización empresarial.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo rexeita o desdobramento do corredor de alta capacidade, ao que fixo comentarios solicitando a súa retirada na fase de información pública da consulta sobre decisión de avaliación de impacto ambiental, en agosto do 2012, e alegou tamén na súa contra dentro da información pública do plan de mobilidade viaria da península do Morrazo, en setembro do 2012, onde advertíu que casi a metade dos orzamentos serían para o desdobramento do corredor e faría practicamente imposible a consecución doutras alternativas máis sustentables baseadas no transporte de proximidades (mellora, vertebración e humanización de toda a rede viaria comarcal existente), carrís bici máis na potenciación do transporte colectivo.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s