Comunicado da PDMM sobre o Plan Director da Rede Natura

Montes do Morrazo dende a outra marxe da ría de PontevedraA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, considera que o acabado de aprobar Plan Director da Rede Natura por parte da Xunta de Galicia, máis alá do efecto mediático, chega tarde, non cumpre cos seus principios e pretende esquecer a necesaria ampliación da rede existente.

Este novo plan segue a permitir actividades nocivas dentro dos espazos teoricamente protexidos pola rede. Unha rede de espazos protexidos que por outra banda non pasa do 12% do territorio galego, por debaixo da media europea do 18% e moi por debaixo da media estatal, onde a superficie protexida no seu conxunto xa vai polo 27% a costa do desequilibrio entre unhas comunidades autónomas que están moi por enriba, como Canarias, cun 46%, ou Madrid, cun 40%, outras que a cumpren, como a asturiana cun 29%, outras que se achegan como a castelán leonesa, cun 26% protexido, e outras como a galega que están moi por debaixo.

Deste reducido 12% da rede natura galega, e nos espazos naturais integrados no litoral dentro da biorexión xeográfica atlántica, a maioría da superficie protexida é mariña e adoece dos correspondentes corredores ecolóxicos continentais, como está a suceder na península do Morrazo cos tres LIC integrados na actualidade na Rede: Cabo Udra, Costa da Vela e Enseada de San Simón.

Cómpre lembrar que en marzo de 2012 estivo en información pública a proposta de ampliación da Rede Natura en Galicia por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A proposta oficial para a ampliación non pasaba do 15% do territorio, resultando claramente insuficiente.Panorámica dos Montes do Morrazo dende Cotorredondo con Chan de Castiñeiras e a ría de Pontevedra ao fondo

A Plataforma presentou o 16 de marzo dese ano alegacións e solicitou a ampliación da rede cun novo LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) co nome de Montes e Carballeiras do Morrazo, onde ademais da integración dos espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro, na actualidade catalogados como solo rústico de especial protección de espazos naturais pola NN CC e SS de planeamento da provincia de Pontevedra, fose ampliable tamén ás áreas naturais dos montes de Lourizán, monte Cernello/Outeiro de Campolongo, montes de Ardán, montes de Cela, Serra da Magdalena e monte Borrallido, montes de Varalonga e montes do Hio, que servirían de corredor ecolóxico entre o continente e o litoral.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denunciamos que detrás desta falta de interese en ampliar a Rede Natura por parte do goberno actual da Xunta de Galicia se atopa a especulación urbanística. Nos Montes do Morrazo nos últimos anos, en base a plans supramunicipais, estanse a proxectar autovías, parques industriais, parques eólicos ou extraccións mineiras que, malia a súa insustentabilidade, pretenden instalarse recualificando o solo rústico protexido, pasando por riba dos seus valores ambientais, culturais e socieconómicos derivados do aproveitamento tradicional dos recursos naturais.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s