Comunicado sobre as verteduras de terras do corredor aos regos do Inferno e Saíñas

vertido de terras no rego de RialdarcaA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar que ademais das verteduras de terras xeradas desde o corredor de alta capacidade ao rego Saíñas, procedentes dos derrubamentos do talude preto do seu nacemento por debaixo do monte da Pena, tamén se produciron verteduras ao rego de Rialdarca, afluente do rego do Inferno, procedentes doutro derrubamento do corredor preto do seu nacemento por enriba da Xalde, na parroquia moañesa de San Martiño.

Estes problemas puntuais de verteduras son unha mínima parte dos que se teñen producido comparándoo coas inxentes cantidades de terras e áridos que durante a fase de construción do propio corredor foron parar pola escorrentía das chuvas aos leitos fluviais e de aí á ría, e que se poderían volver repetir de se levar a cabo as obras do proxecto de desdobramento do corredor en autovía.

Os nacementos dos regos do Inferno e Saíñas están integrados dentro do espazo natural do Carballal de Coiro, e o nacemento do resto dos regos afectados polo corredor e o proxecto de desdobramento, da Fraga, Barranco do Faro, Caiauga, da Freixa e Miñouva, están situados no espazo natural dos Montes do Morrazo, catalogados como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

A área de ribeira de estes regos adoitan albergar hábitats de interese comunitario de carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica e prioritario a nivel europeo de bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior, con varios endemismos e especies vulnerábeis a nivel ibérico de fauna e flora.

As verteduras de terras aos regos enturbian e contaminan a auga, provocando a perda de osíxeno e a sedimentación dos fondos,vertido de terras no rego Saíñas ao seu paso pola praia de Rodeira afectando de xeito nocivo e ás veces irreversible á fauna e a flora acuática existente, en especial invertebrados, anfibios e peixes como bioindicadora da calidade das augas.

Esta afección trasládase ao medio mariño a través da desembocadura dos leitos fluviais, que máis alá da afección ao baño e de praias de bandeira azul, afecta tamén a biodiversidade mariña, tanto como recurso natural para a pesca e o marisqueo como unidade ecolóxica, incrementando ademais a problemática da sedimentación dos seus fondos.

A estas verteduras de terras engádenselle a grande cantidade de residuos de aceites, hidrocarburos e metais pesados que xeran os miles de desprazamentos diarios de vehículos e que queda adherido á capa asfáltica das estradas e que posteriormente as chuvas desprazan ás gabias de desaugue, destas aos regos ata rematar tamén ao medio mariño. O incremento do parque automobilístico “atribuíbel” ao desdobramento do corredor en autovía, agravaría esta problemática ambiental.

 lavadoiro de Rialdarca con vertido de terrasPara alén de Incrementar a probabilidade de inundacións e ocupación de terras, tanto da área de ribeira como de zonas de cultivo próximas, as verteduras de terras ao medio fluvial tamén afectan o patrimonio etnográfico ribeireño, muíños, lavadoiros, fontes, pontellas, provocando sedimentacións e mesmo roturas, como aconteceu coas obras de construción do propio corredor.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, rexeita o desdobramento do corredor de alta capacidade e esixe unha protección real dos leitos e área de ribeira dos regos afectados polo corredor, e do patrimonio etnográfico asociado, debendo ir máis alá da súa simples musealización.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s