Comunicado sobre a Declaración de Impacto Ambiental das variantes de Cangas e Moaña

Plano-actuacions-previstas-no-Plan-de-Mobilidade-Viaria-do-MorrazoO pasado 22 de abril foi publicado no DOG o anuncio polo que a Axencia Galega de Infraestruturas da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fai pública a resolución de aprobación e Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do expediente de información do proxecto do trazado e impacto ambiental das variantes de Cangas e Moaña.

Neste mesmo anuncio a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo aparece como un dos colectivos alegantes ao Plan de Mobilidade Viaria da Peninsula do Morrazo ao presentar a súa alegación en setembro do ano 2012. Mantendo a nosa opinión e posicionamento ante este anuncio a Plataforma quere facer as seguintes consideracións:

  • Deixa sen efecto a verdadeira circunvalación de Moaña, o trazado da variante de Moaña e a súa conexión dende a PO 313 enPlano-Vte-Tiran Sabaceda ata o corredor de alta capacidade do Morrazo, e no entanto mantén o pequeno tramo de conexión en Tirán da PO 551, dende Tirán ata o corredor de alta velocidade. Este tramo, que é só un enlace co corredor e non unha circunvalación, afectaría ademais do cruceiro de Fazáns toda unha zona rústica preto de vivendas, dun colexio público e do castro do monte dos Remedios. Consideramos que detrás desta actuación o que se agocha é un intento de dar servizo á especulación urbanística no tramo costeiro desa parroquia moañesa.
  • Parece incongruente que, con respecto á variante de Cangas, Augas de Galicia e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza non informaran desfavorablemente ao recheo inasumible nas valgadas dos regos Bouzós e das Presas (grafiado este último na resolución co nome erróneo de río da Pesca). Resólvese esta cuestión dun xeito, ao noso ver, contraditorio pois despois valórase por exemplo a “posibilidade” de substituír o recheo por un viaduto no Tramo I, sobre o rego das Presas, ou baixar a cota dPlano-Vte-Cangasa rasante entre o paso sobre o rego das Presas e a glorieta 3. O máis que probable incremento no orzamento das obras para “minimizar” o impacto fai dubidar que se poidan levar a cabo, e máis tendo en conta que a variante pasaría a ser de titularidade municipal. Neste sentido, a propia Axencia Xeral de Infraestruturas admite na súa resolución que a variante, ao ser deseñada como parte do entramado urbano, ficaría inhabilitada para formar parte da Rede autonómica de estradas de Galicia. Quedando ademais a expensas de que no “futuro” se alcance “algún tipo de acordo” co Concello de Cangas para o seu “desenvolvemento”.
  • O principal interese da Xunta de Galicia nunca foron as circunvalacións dos núcleos urbanos. De ser así xa estarían feitas hai anos, pois cómpre lembrar que tanto o concello de Moaña como o de Cangas xa as tiñan deseñadas moito antes do proxecto do corredor.
  • O orzamento do Plan de Mobilidade Viaria da Península do Morrazo de 159 millóns de euros é ficticio e, xa que logo, imposible de cumprir, máxime en tempos de crise financieira.  Case a metade deste orzamento, 61,10 millóns “nuclearízanse” en exclusiva para o desdobramento do corredor, cando este ademais está a ser licitado por subtramos e só ten comprometido orzamento para un deles.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere denunciar que non se tiveron en conta na súa integridade as alegacións presentadas en setembro do 2012. Desouvindo deste xeito a solicitude de proxectar as circunvalacións, agora denominadas variantes, dos núcleos urbanos de Moaña e Cangas como vías convencionais respectuosas co medio e o territorio.

Tampouco se tivo en conta que estas circunvalacións ou variantes serían prescindibles se funcionase unha boa conexión de transporte público, e non só no verán e para as e os de fóra, senón todo o ano e para as e os que residimos os 365 días nesta comarca. Constátase pois que este goberno, como outros anteriores, non ten como prioridade o medio e a súa sustentabilidade e, xa que logo, reducir o consumo do uso do automóbil privado. Estas variantes non están deseñadas para desconxestionar os núcleos urbanos senón que na realidade foron proxectadas para dar cabida a un aumento do insustentable uso do automóbil privado ao estar directamente enlazadas co proxecto do non menos insustentable desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade.

E non se debe esquecer que as estradas da rede primaria e secundaria, en especial as do litoral, serían unha vez máis as principais afectadas polo previsible aumento do parque automovilístico. Estas estradas son as peor asistidas, por non dicir inatendidas, polo Plan de Mobilidade Viaria da Península do Morrazo que, en vez de vertebrar, mellorar e humanizar as estradas existentes, prioriza as súas actuacións no desdobramento do corredor de alta capacidade, o enlace deste coas variantes de Moaña, Cangas e Marín, e os tramos onde existe especulación urbanística, tanto industrial como residencial, da PO-315 entre Cangas a Menduíña por Aldán e de San Amaro á baixada das praias de Beluso, máis o tramo da PO-313 de Moaña a Marín entre as rotondas de Broullón e Pardavila pola Cruz da Maceira.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s