Sobre o rescate de autovías e o desdobramento do corredor do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere amosar o seu rexeitamento ao rescate económico das concesións privadas das autovías sen peaxe do Barbanza e o Salnés. A baixada de usuari@s do automóbil privado que usan estas vías e este rescate, a través do incremento de aportacións con fondos públicos do denominado “canon de demanda”, veñen demostrar que este modelo de infraestruturas e de transporte son un fracaso.

O modelo de adxudicación por tramos destas autovías a distintas UTE´s con empresas privadas é o mesmo que a Xunta está intentando levar a cabo co proxecto de desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo. Xa que logo, ao noso entender, agárdalle un futuro similar. A diferenza é que o desdobramento en autovía do corredor aínda está na fase de licitación polo que se podería paralizar a súa fase de adxudicación e construción.

Como xa temos denunciado desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, as principais beneficiarias dos fondos públicos do desdobramento do corredor serían as empresas construtoras que, ademais, como está a suceder coas citadas autovías que percorren as penínsulas máis ao norte das Rías Baixas, terían que ser subsidiadas no futuro pola falta de rendemento económico, ao baixaren o número de usuari@s.

A crise económica, o prezo á alza dos combustibles e dos seus derivados, a contaminación ambiental provocada polos vehículos motorizados– responsable do 20% das emisións globais de gases de efecto invernadoiro- e a posta en práctica de novos impostos e peaxes fixeron que o uso do automóbil privado tendera a se reducir nos últimos anos nunha senda que parece non vai ter retorno.

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo esiximos a paralización da fase de adxudicación e construción do corredor de alta capacidade do Morrazo. Con esta paralización aforrariamos os novos e grandes impactos no territorio e no medio – incluído os espazos naturais dos Montes do Morrazo e Carballal de Coiro – e as perdas económicas con fondos públicos do fracaso deste modelo de transporte baseado no uso do automóbil privado.

Como alternativa a este modelo demandamos, unha vez máis, o investimento de fondos públicos en vertebrar, mellorar e humanizar as estradas existentes, a construción de máis carrís bici e a potenciación do transporte colectivo e intermodal.

Así mesmo tamén demandamos unha ordenación urbanística racional e non especulativa, baseada no decrecemento e a proximidade, dotando de infraestruturas sociais, sanitarias, etc necesarias os concellos e comarca para evitaren os desprazamentos da poboación fóra da comarca ou localidades.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s