1º Roteiro contra o desdobramento do corredor do Morrazo (Montes de Moaña)

cartaz-roteiro-montes-de-moañaA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza este sábado, 14 de xuño, o 1º roteiro en contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo pola zona afectada dos montes de Moaña.

O roteiro, circular, sairá ás 11 da mañá do igrexario de San Martiño (Moaña) tendo previsto o seu remate ao redor das 13:30h. O percorrido que será guiado por un membro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pasará por Xalde, os Montes de Moaña, a área recreativa e miradoiro do Cruceiro ata chegar de novo ao punto de saída, o igrexario de san Martiño.

Aconsellamos, por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro no adro da igrexa, a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo priavado que traten de compartir o mesmo ata enchelo.

Para chegar ao punto de saída:

  • Desde Moaña: subir á redonda do Portal do Almacén pola estrada PO-313 Marín-Moaña, collendo na Porta do Cego a redonda de desvio pola estrada EP-1104 Abelendo-Coiro.
  • Desde Cangas: acceder pola estrada EP-1001 de Castrillón ou a EP-1003 de Espirito Santo até Coiro.
  • Desde Bueu: pola estrada a Cangas PO-551, collendo o desvio da EP-1001 desde a Madalena a Coiro.

Nos tres casos, coller a antes citada EP-1104 polo desvío da Ameixoada. Unha vez collida esa estrada hai que chegar até onde está situado, á súa beira, o Supermercado Budiño e o centro sociocultural de San Martiño, coller o vial anexo de subida ao igrexario (sinalizado como Igrexa de San Martiño, Románico s. XII, Ben de Interese Cultural).

Este é o primeiro de tres roteiros circulares contra o desdobramento do corredor, xa que o 29 de xuño está programado o segundo polos montes de Meira e o 13 de xullo o terceiro polos montes de Domaio.

POLA PROTECCIÓN DOS MONTES DO MORRAZO

MÁIS TRANSPORTE COLECTIVO E MENOS AUTOVÍAS

NON AO DESDOBRAMENTO DO CORREDOR DO MORRAZO

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s