Apoiamos a Marcha contra Celulosas este sábado 21 de xuño

cartaz_2014-mbr-1A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo quere facer público o seu apoio á Marcha contra Celulosas que organiza a APDR este sábado 21 de xuño con saída simultánea das alamedas de Marín e Pontevedra ás 19:30h.

A presenza do complexo Ence-Elnosa – condenado por delito ecolóxico hai anos – ademais de afear a paisaxe segue a causar problemas na ría, tal e como denuncia a APDR, ao verter materia orgánica e bacterias coliformes fecais que, xunto con outros focos de contaminación, inflúen decisivamente na clasificación do banco marisqueiro de Lourizán como zona C.

Demandamos da Xunta de Galiza que aclare e resolva esta situación que obriga a pechar o banco marisqueiro e fai baixar o prezo do marisco extraído da ría coa conseguinte perda de cartos para as e os mariscadores que traballan na praia de Lourizán.

No entanto, máis alá desta grave problemática tamén queremos denunciar que detrás de dita actividade industrial está a invasión do eucalipto nos nosos montes dende que a citada empresa se instalou na actual ubicación hai cinco décadas, pois temos que lembrar que esa especie forestal é a utilizada por ENCE para a fabricación de pasta de papel.

O espazo natural dos Montes do Morrazo, como a maioría dos montes do litoral galego, onde mellor se adapta o eucalipto dado o carácter ácido do solo e a alta pluviosidade, non ficou alleo a esta problemática, e dende aquela viu sufrir unha merma na súa biodiversidade, tanto pola condición de especie alóctona e invasora do eucalipto como pola utilización de insecticidas no control das súas plagas como monocultivo,  e perda hídrica no seu solo ademais dun incremento no número de lumes e de superficie queimada pola alta demanda de auga como do carácter propagador  do eucalipto como especie pirófita, respectivamente.

A recente e retrógada reforma da lei de Costas a nivel estatal dá cabida a que empresas como ENCE-ELNOSA sigan permanecendo na súa ubicación máis tempo, malia a súa demostrada toxicidade, negativa influencia para o medio mariño e deste como recurso, e da maioritaria oposición social.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo demanda o desmantelamento inmediato de ENCE-ELNOSA da súa actual ubicación no dominio público marítimo-terrestre na ría de Pontevedra, a recuperación da ribeira do mar e da vida e produción mariña, a substitución do eucalipto por outra especies forestais e frondosas menos daniñas para os montes, e unha reorganización da xestión forestal baseada na prevención, multifuncionalidade e a diversidade produtiva do monte, o seu uso social e cultural, como solución ao actual abandono, xerando postos de emprego respectuosos co noso medio.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s