2º Roteiro contra o desdobramento do corredor do Morrazo (montes de Meira)

roteiros-montes-de-meiraA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza este domingo 29 de xuño o segundo roteiro contra o desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo.

O roteiro, cuxo percorrido será circular, sairá ás 11 da mañá desde o igrexario de Santa Eulalia de Meira (Moaña), tendo previsto a volta ao mesmo lugar ás 13:30h. O percorrido pasará pola carballeira de Bronlle, o núcleo rural de Quintáns, o sendeiro e muíños do rego Barranco do Faro, primeiro paso baixo o viaduto de A Mó, o Outeiro de Aviador, a área recreativa e miradoiro dos Parentes, a Pedra Furada, os montes de Meira, o petróglifo de Pozo Garrido, segundo paso baixo o viaduto de A Mó, a área recreativa e patrimonial da Torre de Meira, o núcleo rural de Pombal até chegar de novo ao igrexario.

Para chegar ao punto de saída hai que coller a estrada PO-551 (pódese acceder por ela tras pasar o núcleo urbano de Moaña e a Avda. da Xunqueira, vindo de Cangas ou tras pasar A Borna, Isamil e Ribeira, vindo de Domaio) ata a súa conexión coa estrada EP-1102 Meira-A Fraga, nun cruce con semáforos na Avda. da Porta do Sol. Unha vez collido ese cruce, o igrexario está situado en subida nun desvío á dereita a uns 200 metros dos semáforos, fronte á cafetería Montebar.

Tamén se pode chegar a través da estrada PO-313 Marín-Moaña collendo a EP-1102 polo sentido contrario no cruce do miradoiro da Fraga para despois en baixada e tras percorrer uns 3.800 metros enlazar á esquerda co desvío do igrexario.

Pregamos ás persoas que vaian participar no roteiro a máxima puntualidade para saírmos na hora marcada e, en previsión de haber un día solleiro, e malia que o percorrido vai ser por camiños e pistas entre o arborado, aconsellamos levar gorra, vestimenta lixeira e de trote, envase para auga (hai varias fontes de subministro polo percorrido) e crema para a pel.

Por último, por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro fronte ao adro da igrexa, emprazamos a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo privado que traten de compartilo até enchelo.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s