3º roteiro contra o desdobramento do corredor do Morrazo (Montes de Domaio)

cartaz-roteiro-domaio-boA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o domingo 13 de xullo o terceiro roteiro contra do desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo.
O percorrido cuxo trazado será circular, sairá ás 11 da mañá desde a capela de San Bieito en Domaio (Moaña), tendo prevista a volta ao mesmo lugar ás 13:30 h. Pasará polo núcleo rural da Costa, área de lecer de O Souto, sendeiro do rego e muíños da Freixa, A Devesa, paso, ponte das Meáns, Chan do Porco, sendeiro do rego da Miñouba, Poza da Moura, muíños da Máquina e de José María, paso elevado, Pedra do Navío, núcleo rural de Os Carballiños e Picouto do Gando, camiño do Prado, ponte e muíño do Rial, camiños do Soutiño e O Barquiño, Cruceiro do Carballo do Raposo, até chegar de novo diante da capela.
O percorrido coincidirá en grande parte co sendeiro municipal de curto percorrido dos regos da Freixa e da Miñouba. Para axustarse ao horario previsto omitiranse os tramos por A Pasaxe e os de enlace coas desembocaduras polo núcleo urbano. A grande cantidade de lugares a visitar correspóndese coa riqueza de nomes provenientes da microtoponimia local. Malia o bo estado do sendeiro o percorrido é dunha dificultade media-alta con fortes pendientes de subida no sendeiro do rego da Freixa e de baixada no sendeiro da Miñouba.
Para chegar ao punto de saída hai que coller a estrada PO-551 até o núcleo urbano da parroquia de Domaio, onde ao chegar ao paso peonil con semáforos para coller (á esquerda se se vén desde Moaña ou á dereita se se vén da AP-9 de Rande ou da N-550 de Vilaboa) a estrada EP-1103 San Bieito-Verdeal no desvío existente entre a sucursal de Abanca e o bar Tropicana. A capela de San Bieito está á beira da EP-1103 a uns 500 metros da PO-551.
Pregamos ás persoas que vaian participar no roteiro a máxima puntualidade para saírmos na hora marcada e en previsión de haber un día solleiro e, malia que o percorrido vai ser na súa maioría por camiños entre o arborado, aconsellamos levar gorra, vestimenta lixeira e de trote, envase para auga e crema para a pel.
Por responsabilidade, ética e polo reducido tamaño do aparcadoiro diante da capela e arredores emprazamos a todas aquelas persoas que se acheguen en vehículo privado que traten de compartilo até enchelo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s