A PDMM ante a falta de respostas da Xunta de Galiza

eolico

Desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ante a falta de resposta da Xunta de Galiza ás alegacións presentadas contra proxecto de instalación do parque eólico de Pedras Negras, no Morrazo, temos que denunciar publicamente a falta de respecto que está a ter, unha vez máis, a Xunta coas demandas sociais e colectivas, e o seu intento de esconder o seu apoio aos intereses especulativos e neoliberais ante a campaña das vindeiras eleccións nos municipios.
Malia semellar que a tramitación do parque eólico está paralizada ao non haber novas con respecto ao mesmo, para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, mentres non haxa unha confirmación oficial da desestimación do proxecto, a susposta paralización da tramitación deste parque eólico pon en evidencia que o actual goberno prioriza os intereses privados dunha multinacional, Enel Green, na procura dunha prolongación de prazo e relaxación da veciñanza até chegarmos a unha hipotética solvencia económica no futuro. E prioriza estes intereses privados pasando por riba da protección urbanística, da importancia ambiental, paisaxística, cultural e arqueolóxica da zona afectada dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, alén dos intereses socioeconómicos do monte comunal e privado, do abastecemento de auga veciñal, e dos recreativos e deportivos. Todo isto, sen ter en conta tamén a forte oposición veciñal, que con máis de 500 alegacións en contra, incluídas as desta Plataforma, expresaron o seu rexeitamento ao proxecto e que tamén fixeron posicionarse en contra deste aos plenos dos cinco concellos do Morrazo (Moaña, Marín, Vilaboa, Cangas e Bueu).
Polo tanto, a paralización momentánea da tramitación non é debido á desestimación do proxecto, como parecen querer facer entender algúns, senón máis ben a motivos económicos derivados da supresión hai dous anos das primas ás enerxias renovábeis.
No entanto, para alén dos 14 aeroxeradores de 120 metros de altura, os 17 kilómetros de pista (de 6 metros de ancho), os 15 kilómetros de gavias, a subestación eléctrica e o cableado do parque eólico, o auténtico e principal problema é, dende 1997, a área de desenvolvemento eólico do Morrazo (ADE) proxectada no Plan Sectorial Eólico Galego (PSEG). Un triángulo de 4300 has. de terreo onde, ademais da zona afectada polo proxecto do parque eólico, existen outras 21 propostas alternativas de aeroxeradores proxectadas para o futuro que abranguen a práctica totalidade das cimas dos montes da comarca e dos espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro.
Despois de 17 anos e malia Galiza se tornar en excedente en produción de electricidade, incluída a eólica, e de que as áreas de maior potencial eólico xa foron desenvolvidas, o actual goberno de Núñez Feijoo, do Partido Popular, ten todas as trazas de seguir coa tramitación do PSEG, a citada ADE do Morrazo e o parque eólico de Pedras Negras saído do último concurso eólico.
Ao entender desta Plataforma, é preciso un cambio urxente de modelo e este só pode vir da man do decrecemento e do aforro e eficiencia enerxéticas, feito contra o que atenta directamente este plan sectorial.
Por outra banda, malia tamén faltar resposta oficial por parte da Xunta de Galiza aos comentarios feitos en xuño de 2012 por esta plataforma á Avaliación Ambiental Estratéxica do Documento de Inicio do Plan Sectorial de Impantación e Desenvolvemento de Infraestruturas en Galicia por RETEGAL, tamén soubemos a través dos medios que esta empresa pretende instalar dúas torres de telecomunicacións no Morrazo. Unha delas no Outeiro da Carriza, dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, para favorecer tamén os intereses empresariais das multinacionais privadas do sector.
Non tivo en conta que estas infraestruturas provocan un impacto paisaxístico e electromagnético no medio no que se implantan, que no espazo natural dos Montes do Morrazo viría sumarse ao xa existente polos complexos de antenas e cableados ubicados no Monte Faro de Domaio e en Coto do Home.
A Xunta desatende pois a solicitude de retirada desta infraestrutura prevista no Outeiro da Carriza ademais da petición feita para que se regulen este tipo de infraestruturas con respeto ás emisións de ondas electromagnéticas e os seus efectos no medio e a saúde humana, baseándose no principio de precaución e tendo como referencia os últimos estudos con respecto a este tema, poñendo medidas máis estritas de corrección do impacto no medio, xa que a normativa estatal, ao noso entender, e así o corroboran distintos estudos científicos a nivel internacional e mesmo recomendacións a nivel europeo, está obsoleta.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s