A PDMM esixe a paralización do desdobramento do corredor

P1590766Da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo entendemos que a licitación do desdobramento do corredor do Morrazo, con 2 millóns de euros para a redacción dos tres subtramos ao longo de 11,4 kms. da 1ª fase, consumada no parlamento galego carece de financiación futura para a execución das obras. Os 41,2 millóns de euros iniciais para estas van quedar ademais curtos ante as correccións e obras maiores que sairán do estudo xeotécnico despois dos derrubamentos contínuos de noiros entre os enlaces de Moaña e Cangas.

Alén disto, o desdobramento proxectouse sen ter a correspondente avaliacións de impacto ambiental – esixida pola normativa autonómica- ambiental estratéxica – normativa estatal e europea- e sen a aprobación definitiva do Plan Director de Estradas de Galiza a través do Plan MOVE, sen base xurídica.

O desdobramento, modificado nun 30% o trazado respecto ao inicial, baseouse nunha Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do ano 2001 feita para unha obra na que a vía figuraba con dúas calzadas no estudo, realizándose finalmente unha calzada de dous sentidos que incumpreu a definición de corredor da Lei 4/1994 de estradas de Galiza.

P1590731A admón. autonómica con esa DIA incorre nunha arbitrariedade e fraude de lei ao autorizar a execución dunha obra que, cun estudo deficitario e carente de contido, xa non garantiu a correspondente e axeitada protección do medio, patrimonio e os recursos naturais xerado no proceso de execución das obras do propio corredor.

Ante isto a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo demanda da Xunta de Galiza:

  • A paralización da tramitación do proxecto de desdobramento do corredor por supor un desbaldimento de fondos públicos nunha obra ilegal e ruinosa. Este desdobramento ademais non vai resolver os cometidos para os que foi ideada dentro dun modelo insustentábel de transporte a medias e longas distancias. Este tipo de obras prima máis os intereses económicos das grandes empresas de construción, enerxéticas e do automóbil que a protección ambiental, a accesibilidade e a propia seguridade viaria e cidadá das localidades nas que residimos arredor de 70.000 habitantes ao longo do ano.

  • P1590517O arranxo e mantemento urxente e completo do corredor que, sen necesidade de desdobramento, pola falta de valado perimetral en varios tramos, está a elevar o risco de accidentes e a inseguridade das e dos usuarios do corredor. Por outra banda, esiximos tamén a erradicación de plantas alóctonas e invasoras (acacias e herba da pampa) que están a afectar o propio valado perimetral de seguridade, a biodiversidade dos montes e que ademais supoñen un elevado risco de propagación de incendios forestais.

  • Apertura dunha consulta cidadá que permita, de xeito despolitizado e desinstitucionalizado, o debate sobre o tipo de transporte e desenvolvemento que precisa a comarca. Un debate baseado en estudos serios e rigorosos, e non na especulación e improvisación da que é fiel reflexo o Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo presentado hai dous anos para favorecer unha vez máis o uso insustentábel do transporte privado nuclearizado a través do desdobramento do corredor e deixando fóra a alternativa do transporte colectivo e intermodal.

  • Que se deseñe unha planificación que teña en conta as verdadeiras necesidades como por exemplo, unha vertebración, mellora e humanización da rede primaria e secundaria de estradas e un transporte colectivo marítimo e terrestre en condicións, carrís bici, sendas peonís. Que dote a comarca das infraestruturas administrativas, sociais, culturais, deportivas e sanitarias das que aínda carece o Morrazo, descentralizando, reducindo ou eliminando ao máximo a necesidade de se desprazar por estrada fóra da comarca para ter eses servizos.

    Este deseño ou planificación debera ademais ter en conta as repercusións globais, como a redución de emisión de gases de efecto estufa, a través da desincentivación do uso do automóbil privado e a redución de consumo de combustíbeis fósiles.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s