A fraude do desdobramento

O anuncio por parte Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galiza, polo que se confirma -como era de prever- que os orzamentos das obras de desdobramento en autovía do corredor de alta capacidade do Morrazo van sufrir un sensible incremento (con toda probabilidade pasen dos 41,29 millóns iniciais até os máis de 50 millóns de euros) vén demostrar con toda claridade a falsedade e o engano con que se segue a tramitar esta obra, malia a súa insustentabilidade e, tendo como base a xa de por si encarecida, impactante e ao mesmo tempo ruinosa construción do corredor de alta capacidade, que segue a derrubarse.

Este sobrecuste tamén demostra que a Xunta de Galiza mentira hai dous anos cando afirmaba que o cambio de trazado de varios tramos cara ao sur – inicialmente ían cara ao norte –  respondía a un abaratamento dos custes. Hai, xa que logo, un evidente incremento no beneficio económico para as empresas construtoras que se aveñan á adxudicación das obras. Esta práctica moi utilizada nos últimos anos está relacionada co vencellamento entre os distintos gobernos – tanto do anterior bipartito e do actual do PP – e os lobbies empresariais de turno que ao final sempre rematan cun sobrecuste nas obras, como sucedeu no caso da autovía da Costa da Morte. Cómpre salientar que este sobrecuste se pretende sufragar con fondos públicos para maior desbaldimento.

Por outra banda, desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo cualificamos como acto de puro electoralismo, o anuncio da licitación en marzo do primeiro subtramos de 3,2 km entre as redondas de Rande e San Lourenzo. Este subtramo que ten un prazo de execución de 18 meses segundo afirmacións da propia xunta de hai un mes custaría 18,3 millóns de euros, cando agora xa fala de que as obras van pasar dos 20 millóns de euros. Malia todos estes anuncios electoralistas, desde a Plataforma dubidamos de que se poidan levar a cabo na súa totalidade neste prazo pois tras o proceso de licitación aínda ten que saír a concurso público e posteriormente a adjudicación.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia que, malia a súa insustentabilidade, detrás desta obra segue a estar como principal fin a especulación urbanística, como vía de conexión coa urbanización do campo de golf de Domaio, e xa a máis longo prazo coa excesiva planificación residencial e industrial dos concellos de Moaña, Cangas e Bueu, en especial nos montes de Aldán, na actualidade en trámite de subasta.

Este tipo infraestruturas viarias aumentan a dependencia do Morrazo coa área  metropolitana de Vigo, con máis desprazamentos por estrada por motivos laborais e de servizos sociais, sanitarios, educativos,…, centralizando as infraestruturas na cidade en detrimento da comarca e dos propios concellos. Tamén favorece ou aumenta a dependencia coa denominada Eurorrexión do Atlántico a través da deslocalización empresarial a nivel “competitivo”, coa oferta de solo a moi baixo prezo, ou lowcost, como está suceder na actualidade no Norte de Portugal, en detrimento da oferta local.

A Plataforma esixe como alternativa á descentralización do territorio, a complementariedade e un modelo de urbanismo e transporte baseado na accesibilidade, na proximidade e na eficiencia enerxética.

Por outra banda, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo cualifica a proxectada variante de Cangas como extemporánea ao estar unida ao desdobramento do corredor pola redonda da Rúa. E os aparcamentos disuasorios de ser un mal parche e en servizo do automóbil privado.

Destaca que para que na realidade fosen viables e tivesen un uso racional deberían estar baixo imposición de peaxes para que as persoas que se acheguen ao Morrazo e en especial no verán, deixaran o seu automóbil privado neles e utilizaran o transporte público e colectivo.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s