A PDMM solicita a catalogación dos montes do Hío como Espazo Natural de Interese Local

panorámica desde o alto de Outeiro BatenteA Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de presentar no rexistro do concello de Cangas unha solicitude para a catalogación dos montes do Hío como Espazo Natural de Interese Local dentro da súa planificación urbanística.

No mesmo escrito solicita a creación dun sendeiro catalogado de curto percorrido guiado e sinalizado, co menor impacto ambiental e custe económico posible, que percorra as áreas paisaxísticas e naturais e arqueolóxicas de interese que sirva para dar a coñecer o enorme valor paisaxístico, natural, patrimonial, cultural e social destes montes. Este roteiro e valorización deben comezar e incluír necesariamente a posta en valor do Monte do Castro e o seu enlace co Igrexario que, á súa vez, conecte polo Alto da Fanica, Outeiro Batente, Pouso da Serra, Corral de Barra, Cova do Pouso e Sobrada co Monte do Facho por un lado, e co alto de Fontecha polo outro. Este sendeiro deberá tamén atravesar o núcleo rural de Donón e enlazar pola Cova do Vento de novo co Alto da Fanica, para retornar até o Igrexario, recuperando o camiño vello de Donón. Alén disto, pedimos que se contemple o enlace por Corral de Barra co núcleo rural de Pinténs, por Cova do Pouso co núcleo rural de Vilanova, por Outeiro Negro co núcleo rural de Liméns e por Cruz de Castro co núcleo rural de Nerga.

alto do Facho de Donón-roteiro pola protección dos Montes do HioEsta proposta de sendeiro inclúe unha conexión co sendeiro municipal existente pola Costa da Vela e co GR-59 do sendeiro ecolóxico do Morrazo, na actualidade faltos de mantemento e en fase de abandono.

No escrito apresentado tamén se demanda a substitución progresiva dos monocultivos forestais por plantacións de especies nobres frondosas e autóctonas e a recuperación da silvicultura a través da potenciación das actividades agroforestais e gandeiras a nivel local.

Alén de propoñer este sendeiro desde a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicita tamén que se dote de máis liñas de transporte público colectivo e intermodal á parroquia do Hio desde o núcleo urbano de Cangas e en conexión co transporte metropolitano, en beneficio das veciñas e veciños e  visitantes da parroquia, e que reduza ao mesmo tempo a presenza do parque automobilístico, en beneficio do territorio e da calidade atmosférica e ambiental do lugar.

panorámica desde o monte do Castro de HioPara a realización de todo o solicitado e a consecución dos mecanismos que faciliten a mellora ambiental, social e económica dos montes do Hío a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo considera necesario e imprescindible que o concello de Cangas chegue a acordos de colaboración coa comunidade de montes do Hio, a Mancomunidade de Concellos do Morrazo e as Consellerías de Medio Rural, Medio Ambiente e Cultura da Xunta de Galiza.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo fai estas peticións porque considera que os montes do Hío forman un espazo natural cun alto valor paisaxístico, xeolóxico, biolóxico, social e cultural que actualmente carecen dunha figura de protección que protexa e conserve os seusauténticos valores patrominiais, naturais, culturais e sociais contra as agresións e proxectos que nas últimas décadas están a causar, ás veces de xeito grave e irreversible, un enorme dano ao medio.

Deixamos aquí o escrito apresentado na súa integridade.

escrito montes do Hío

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Uncategorized

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s